Vicente Risco

De Desgalipedia
Vicente Risco
Vicente Risco.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C. o 1 de outubro de 1884
Ourense, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento Probablemente no séc. XX o 30 de abril de 1963
Nacionalidade galega
Profesión Fundador

Vicente Martínez Risco e Agüero foi un friki ourensán de principios do século XX.

Vida e milagros[editar]

Nacido en Ourense de pais emos xa moi novo se deixaba guedellas e ía ao Rock Club, alí escoitando Rammstein aprendeu alemán e tivo acceso á ciencia mais moderna da súa época, fíxose masón e foi iniciado nos misterios de Eleusis, indo co Dr. Alveiros a varias excavacións arqueológicas meteuse nos libros de autoaxuda e fundou a editorial “Noós”, onde un príncipe da Casa Real Borbónica lle deu miles de pesetas co fin de promocionar o budismo e o ioga en España. É nesta época que coñeceu a varios funcionarios da Sociedade de Nacións que lle meteron ideas de dereitos das nacionalidades asoballadas polo imperialismo europeu, Risco desenrolou toda a teoría sobre o nacionalismo galego ao tempo que inventaba os libros de autoaxuda, fundou o Partido Galeguista xunto a Castelao, Otero Pedrayo, Manuel Fraga e Manuel Beiras.

Debido á crise mundial a editorial “Noós” quedou sen fondos, Risco emigrou a Alemaña onde consegueu un posto de traductor de sumerio ao alemán, alí ía a tódalas conferencias de hindús, pacifistas, jipis, anarquistas, comunistas, capitalistas, feixistas... pero ao final gostoulle mais os mitins dos nazis, porque ao final sempre poñíana tocar unha banda de música e saían varias raparigas a tentar que votasen nacionalsocialismo a base de bicos con lingua.

De volta en Ourense durante a IIª República Española trouxo as innovacións alemáns canda él, de tal forma que tronzou o Partido Galeguista en dous, para ao final rematar por apoiar a Francisco Franco durante a guerra por iso de que así seu irmán seguía podendo ser crego e darlle parte do soldo que cobraba do Estado Español, aínda que fontes fidenignas afirman que colleu tal medo pola represión feixista que despois cando lle preguntaban se tiña algún libro seu sobre nacionalismo galego respostaba Iso eran coñas da mocidade por medo a que fora un policía da segreda quen llo preguntase disfrazado de Adrián Brandán.

Durante a posguerra foi detido e amezado pola KGB franquista coa sodomización, pra tentar dominar seus impulsos suicidas foi tódolos días ao bar “Volter” a embebedarse co LK, ao tempo que trataba de escreber un tratado sobre o Demo, debido a iso Deus castigouno e levouno con él ao mesmo tempo que enviaba a Baltar a gobernar Opusrense.

Obras de Vicente Risco[editar]

Con esta animación Risco pretendía arianizar a Galiza!
  • Do moziño que se fodeu o Doutor Alveiros.
  • O Porco burgués de pé.
  • Kamasutra.
  • O lobo da xente: diario dun lobishome.
  • I Ching.
  • Galiza Über Alles.
  • Biografía do Demo.
  • Eu xa o dixen, a URSS é o Imperio do Mal.
  • Las tinieblas de occidente: escrito en lingua castelá para alarmar a Occidente sobre a súa futura deleiva... desafortunadamente plaxioullo logo Oswald Spengler (sobre todo iso de que un pelotón de soldados sempre salva a Occidente dos malévolos orientais de turno: persas, Atila, Musulmania, Bolxeviques, Genghis Khan, Todo a cen chineses, hentai nipón...)
  • La paja que me hice contra la puerta.
  • Mittleuropa ich.
  • Os chapóns tamén mollan.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vicente Risco.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Día das letras galegas
Escritores galegos.jpg
Rosalía de Castro (1963) - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) - Eduardo Pondal (1965) - Francisco Añón Paz (1966) - Manuel Curros Enríquez (1967) - Florentino López Cuevillas (1968) - Antonio Noriega Varela (1969) - Marcial Valladares Núñez (1970) - Gonzalo López Abente (1971) - Valentín Lamas Carvajal (1972) - Manuel Lago González (1973) - Xoán V. Viqueira Cortón (1974) - Xoán Manuel Pintos Villar (1975) - Ramón Cabanillas (1976) - Antón Vilar Ponte (1977) - Antonio López Ferreiro (1978) - Manuel Antonio (1979) - Afonso X o Sabio (1980) - Vicente Risco (1981) - Luis Amado Carballo (1982) - Manuel Leiras Pulpeiro (1983) - Armando Cotarelo Valledor (1984) - Antón Lousada Diéguez (1985) - Aquilino Iglesia Alvariño (1986) - Francisca Herrera Garrido (1987) - Ramón Otero Pedrayo (1988) - Celso Emilio Ferreiro (1989) - Luis Pimentel (1990) - Álvaro Cunqueiro (1991) - Fermín Bouza-Brey (1992) - Eduardo Blanco Amor (1993) - Luis Seoane (1994) - Rafael Dieste (1995) - Xesús Ferro Couselo (1996) - Ánxel Fole (1997) - Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) - Roberto Blanco Torres (1999) - Manuel Murguía (2000) - Eladio Rodríguez (2001) - Frei Martín Sarmiento (2002) - Antón Avilés de Taramancos (2003) - Xaquín Lorenzo (2004) - Lorenzo Varela (2005) - Manuel Lugrís Freire (2006) - María Mariño Carou (2007) - Xosé María Álvarez Blázquez (2008) - Ramón Piñeiro (2009) - Uxío Novoneyra (2010) - Lois Pereiro (2011) - Valentín Paz-Andrade (2012) - Roberto Vidal Bolaño (2013)