Vigo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vigo (homónimos).
      Ups! Quizais vostede non estarás buscando por Coruvigo?
Vigo
Bandeira de Vigo Escudo de Vigo
Vigofriki.jpg
Vijo sendo atacado por Cthulhu.
Situación
Situacion Vigo.PNG
Xentilicio[1] jicho,jeba
Xeografía
Provincia Vigo
Comarca Vigo
Poboación Apretatuercas hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación castrelos
Capital do concello
Política ()
Alcalde Abel Cabalero Caín (PS de G)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
erecciósi
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
.vgo
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Vigo, cidade do Norte de Galicia do Sur, capital da provincia de Pontevedra, única cidade que lle fai competencia A Coruña. Limita ao Norte con Pontevedra, ao Sur con Tui, ao Oeste co Océano Báltico e ao este con León.

Vigo é moi famosa polas súas praias que lles invaden os portugas e porque os turistas dos cruceros andan preguntando "Where are the famous cathedral of Santiago in this town?" e logo fuxen a Santiago de Compostela en canto saben que aquí non hai unha triste catedral.

Orixe, historia, milagros

Un submarino dos nazis en Vigo, que se confundiron de coordenadas e remataron en Príncipe.

Vigo foi fundada por varios fenicios que chegaron en tempo de Breogán, estes señores puxeron o primeiro Alcampo da Galiza na aldea e vigo comezou a medrar, logo o goberno de Breogán puxo miles de astaleiros pra construir a Armada Invencíbel pra invadir Inglaterra (xa que Irlanda estaba invadida polo seu fillo), como finalmente a Armada Invencíbel tivo que enfrontarse contra Canadá na Guerra do fletán Vigo acabou por ser a capital económica da Galicia.

Logo viñeron os suevos e puxeron unha fábrica de Citröen pra que Alberto Núñez Feijóo puidera visitar tódalas aldeas galaicas sen que os cornos das vacas piscas o pinchasen, cando veu Napoleón Bonaparte todo o goberno da Xunta escapou, e o pobo acabou botando a boinazos ós opresores extranseiros pra que voltasen os opresores nacionais; grazas á Revolta Industrial Vigo medrou inda mais e acabou por comer ós concellos veciños de Bouzas, Teis e Lavadores, actualmente ameaza seriamente ao O Porriño, Tui e Redondela.

Contra todo pronóstico a cidade de Vigo non é nada cosmopolita (a pesares do desexo de frikis, culturetas, jevis e demais empresarios da hostelería), xa que non ten unha tradición urbá (Vigo comezou a ser cidade a mediados do século XX) e aínda enriba os que repoboaron Vigo eran ourensáns que no fin de semana voltaban pra aldea e así nunca callou o viguesismo.

Xeografía

Vigo atópase ao lado da praia portugourensana de Samil, no centro do fiordo de Vigo, entre Baiona e Redondela nalgún lugar ignoto da Vía Espérmica ou Vía Láctea (tamén coñecida como Camiño de Santiago espacial).

Durante o Xurásico Vigo estaba no fondo do mar, pero debido aos pisitóns de manadas de Fragasauros provocuse a deria continental que fixo que as terras submarinas se ergueran dos abismos abisais e se corresen cara o ceo, así xurdiu a costa de Galicia actual, que se foi esnafrar contra o que hoxe é Lugo e Ourense, surxindo a Dorsal galega e o monte do Galiñeiro, logo debido ao diluvio universal foise erosionando as montañas jallejas e o monte do castro quedou como hoxe se vé.

Vigo foi fundado na ladeira deste monte e logo expandiu as súas chabolas polo val do fragoso cementando os distintos minivolcáns do lugar, vertendo no Lagares drogas psicodélicas, civilizando a Bembrive, etc.

Clima

O clima de Vigo é o único clima tropical do Norte do estado Español, grazas a él miles de paseos con palmeiras beirean a costa e tudos os ourensáns e portuguesinhos gostan de pasear polo seu grande paseo marítimo pensando que están en Miami. No verán Vigo é anexionada a Portugal que o abandoa en canto ven o Outono(excepto os findes e días santos portugays que van todos os portugas ao Corte inglés) incluso os propios vigueses abandoan Vigo cara as súas aldeas de orixe a ver as súas concubinas, no inverno fican todos aquí debido ao clima vigués que é moi xeneroso e permite ver pola rúa a garotas en trapos menores en plenoa xeada, sobre todo a noiet de fin de ano.

Flora e Fauna

Entre a flora destacan os enormes palmeirais traidos polos fenicios, así como plantas carnívoras no distrito de Coia, Grandes Secuoias que soltan cocaína na rúa Castelao, miles de arbustos de estramonio en Matamá, asi como en Beade os toxos pincallentos ocupan todo.

Entre a fauna sobresae polos eu número os loros, guacamaios, elefantes, rinocerontes lanudos e tigres dentes de sable.

Economía

  • Sector Primario: representado polas innumerábeis hortas do centro de vigo,bairro do cura.
  • Sector secundario: grazas a él Vigo vive a base de producir autocarros de alto luxo e carros de combate.
  • Sector terciario: aquí copiaron a estratexia de Ourense de poñer 50 bares e restaurantes por cada rúa, tamén vive de sinalar ós turistas onde está a súa catedral, en Santiago de Compostela.

O porto de Vigo é a única porta de Galicia do Sur á modernidade e á democracia, razón pola cal Madrid sempre tenta deixar a esta cidade illada das comunicacións e non modernicen Galicia, e sí prefiran Acruña porque alí tamén hai porto pero como teñen a cidade infectada por señoritos matan enseguida ós que queren modernizar o país, e por iso Cirstobal Colón arribou no sur e non aló arriba.

Parroquias ou Barrios vasalos de Vigo

V  C  E h
Galicia Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo Bandeira de Vigo.png
Vigo escudo.jpg
Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)


  • Rusia chiquita ou Lavadores: alá baixo o monte Vixiador, no século XIX era por onde ía a estrada cara Madrid pero grazas ao progreso agora a estrada a Castela vai polo Meixoeiro, que é mais alto e mais liante todo.
  • Vigo: aldea administrativa situada baixo o monte do castro, os de Torrecedeia tentan que seu territorio sexa considerado Casco Vello non se sabe moi ben porqué.
  • Coia: onde os templarios agocharon o seu tesouro segredo de plugs anais, repoboado nos 80 por ionquis e fillos de policías ionkis.
  • Castrelos: na súa lomba atópase Central Park, o pazo de Versalles e mais arriba a catedral románica de Chartres.
  • Matamá: onde hai unha selva de matas malvadas rodeando penedos da civilización petroglifense.
  • Beade: aldea fundada por Ulf o Galego pra poder ir coas cabras sen que ninguén o vise.
  • Teis: onde Pedro Madruga tiña un puticlú da súa propiedade, ata que viñeron os xitanose o fixeron marchar, logo ergueron Wichita, ata que Abel Caballero os desaloxou grazas ás stormtroopers culturetase fixeron miles de chalés de pedra rosa do Porriño.

Lugares de interese

Monumentos de Vigo

Valle-Inclán provocando unha viguesa.
  • Celtiña de Vigo.
  • Sireno: estatua dun guicho que según di a lenda meteuse un baño no Lagares e xa saiu así con escamas e todo e co careto de babiolo.
  • Praza dos cabalos: en praza España, en lembranza das mamadas de asturcóns que pastaban por estas fragas coidados polos Aelenos.
  • Alameda: onde pode ri pasear vestido de burgués decimonono e así déixanche entrar nas oficinas da nomeklatura da Xunta de Galicia.
  • Edificio Simeón: modernista onda a puta do Sol e comeza García Mamón.
  • Teatro García Barbón: pro onde anda a pantasma en pena de Antonio Palacios.
  • Pazo Quiñones de León: onde vivía Tintín e seu mozo o Capitán Haddock.
  • Museo do Mar de Galicia: nel custódianse os galeóns da Batalla de Rande, o primeiro bikini que veu revolucionar Españistán, o esqueleto de Moby Dick, etc.
  • Museo MARCO: onde ir facer pancartadas e manifas, tamén serve para sentar nas súas escaleiras e agardar a que túa moza remate as fuck compras!!
  • Casa das Artes: pouca arte e moito segurata.
  • As salinas de Rosalía de Castro: restos dunha empresa dos romanos que tiñan aquí para escravizar galaicos.
  • Monte da Guía: onde van as bruxas facer conxuros e invocar ao Demo (nos 90 facían sacrificios de animais alí no monte baixo a capela).
  • Estadío Balaídos: onde vai xogar o celtiña, nos mellores días de choiva inúndase todo e fanse naumaquias dentro del.
Mata Hari indo de compras aproveitando que ten Corte Inglés.
  • Corte Inglés: onde ir deixar os teus cartos en caviar da URSS.
  • Televigo: medio de comunicación de Abel Caballero, tamén educa na sexualidade sobre todo os venres á noite.

Outros lugares e qué facer en Vigo en días de ocio...

  • Porto de Vigo: onde ir parcticar tiro ao branco coas gaivotas, rescatar o tesouro de Rande antes co Capitán Nemo,etc
  • CUVI: o seu nome xa o dí todo...
  • Casco Vello: mercouno todo Karpin para meter nas casas vellas a culturetas, bloqueiros, frikis e así ensinarlles o bó do Capitalismo.
  • Igrexa de Vigo: chamada concatedral nos folle-tós turísticos de Vigo, pero ao final todos os cruceristas vanse para Santiago de Compostela, iso sí, ten unha boas escaleiras onde facer botellón e practicar o baring.
  • Príncipe: onde podes ir buscar roupa para logo ir ligar a
  • Areal: onde está cheo de discotecas pijas e hai mais tronistas que en Telahínco.
  • Montero Ríos: onde aparcan ós mega cruceiros e barcos militares para que poidas ir espialos por dentro e logo vender información a
  • Pedra: mercar roupa pirateada e tabaco contrabandeado.
  • Festa da Reconquista: conmemórase que viñera o primeiro Orensano (Cachamuíña) á cidade, e de paso lembrou Vigo dos fillos de Napoleón Bonaparte.
  • García Barbón e Rosalía de Costra: antre estas rúas podes atopar centos de casas e edificios modernistas onde podes atopar a Carlos Ruiz Zafón requetemirándoos para ver si se lle ocorre outra novela con casaróns modelnistas.
  • Castrelos: zona multiusos, xa que ten xardín para agochar cadáveres, sacarse fotos de boda, libarse dos críos, concertos de celebridades (aínda que agora a moitos os levan para o Ifevi do carallo) cemiterio de Pereiró para deixar alí á sogra, onde ir ver o celtinha, pasear polo Lagares a ver si aparece correndo ou facendo dogging Alberto Núñez Feijóo.
  • Praias: un cento delas e sen quenllas!! Pero sí con Portugas e paragüeiros (os turistas millonarios e pijos galegos piran a Baiona).
  • Illas: Illas Cíes e Toralla (algún día será reconquistada polos bravos piratas vigueses!).
  • A Madroa: podes ir ver como adestra o celtiña e aqueles xogadores que non fan o que dí o míster como os encerran nas xaulas dos monos de cu de chicle.
  • Festas patronais: que para quedar de modlnos dinlles festas dos barrios de Vigo, que si festa de Bopuzas, festa de Coia... énchense estes lugares de garitos de xogo, atraccións mecánicas e o resto de cartos quéimanos en foguetes.

Cultura

Personalidades de Vigo

Galería de imaxes de Vigo

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vigo.

Outros artigos

V  C  E h
Galicia Cidades de Galicia (España)
A xunta de Feijoo.jpg
AcebedoBecerreáBetanzosCambreCecebreCoruvigoA Coruña
FerrolLugoMugardosOurensePontevedraSantiago de CompostelaVigo


V  C  E h
Concellos da Comarca de Vigo
Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
Modelo:LugaresdeintereseVigo
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa