Vilaboa

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilaboa (homónimos).
Vilaboa
Escudo de Vilaboa
Granxasalinas.jpg
No interior da Granxa das salinas en Vilaboa hai sucesos paranormaissss.
Situación
Situacion Vilaboa.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Pontevedra
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Vladimir Lenin. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngVillabuena, se dice Villabuena!!Cita2.png
Galicia Bilingüe sobre Vilaboa

Vilaboa é un concello da provincia de Vigo. Debido a que se atopa entre Pontemerda e Búrbida Vilaboa foi conquistada por miles de ourensáns e outros inmigrantes morriñentos das súas aldeas do interior comestas polos toxos e así ter aquí un chalé cerca do traballo e da praia (aínda que a maioría prefiren Soutomaior). Por outra banda ao estar no Corredor do Atlántico, entre os putos PO e VGO, sufre continuas devastacións para facer estradas, no ano 2017 Vilaboa deixou de existir debido a que fixeran pasar por aquí os camiños cocheiros: N-544, N-550, A-55, AP-9 e a última A-57 (feita para que os donos da AP 9 sigan roubando aos conductores, aínda que se excusan coa co colapso das nacionais 544 e 550).

Historia[editar]

Vilaboa foi fundada por un fenicio despistado que seguira a un barco micénico embarrancando aquí e fundando unha vila pra enchela de escravos sexis, logo tentou independizarse dos castrexos durante o reinado de Mash pero ao non conseguilo rematou por ofrecerse como cicerone ao Imperio Romano.

Durante o Reino Suevo converteuse no primeiro concello de enerxías renovables ao construir un muíño de mareas que trouxo xente e cartos á zona, razón pola que foi conquistada polo patriarca de Santiago de Compostela e logo o señor de Soutomaior tamén tentou coller cacho pero foi rexeitado desde o castelo de Cobres, pol que séculos mas tarde Pedro Madruga ergueu outro castelo pra bombardearse mutuamente (esta situación amorosa foi pausada polos irmandiños) sen conseguir ren.

O resto dos séculos ficou marxinada, durante a Batalla de Rande destruíronlle o castelo que lles quedaba e logo foron roubando e violando, grazas ao cal por aquí abundan as louras, tamén sufriu outros intentos de invasión por parte de Moaña, logo dos de Pontemerda, logo pola AP-9 e últimamente por urbanitas de Vigo que veñen chantar seus chalés por aquí, afortunadamente as madamas tomaron as armas e non se deixaron intimidar encetandoa Guerra de Liberación parroquial contra dos narcomexilloeiros e dos ladrilleiros, tras varias batallas crueis conseguiron ser aínda mais escravizados e vendidos ao mellor postor nun barco rumbo a Chindia.

Xeografía[editar]

A brilat ten a súa base aquí.

Atópase agochado na Ría de Vigo, trala ponte de Rande (razón pola que ían os contrabandistas descargar o tabaco e a fariña), conta con moitos regatos, algúns deles altamente contaminados (tanto que a un lle chaman río dos Gafos br!...), afortunadamente a Coca de Redondela sobrevive aínda agacahada na lagoa de Castiñeiras e limpa co seu alento pestífero todas as augas.

Flora e fauna[editar]

Debido ó gran número de estradas (dúas nacionais e dúas vías rápidas) os animais perecen todos atropelados e a fauna vése intoxicada polos fumes e o cemento. Aínda pore riba os soldadiños fan práctica de tiros con eles.

Economía[editar]

Artigo principal: Economía de Vilaboa.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa
Escudo de Vilaboa.jpg
Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vilaboa.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Pontevedra
Comarca de Pontevedra
Barro
Barro
Campo Lameiro
Campo Lameiro
Cotobade
Cotobade
A Lama
A Lama
Poio
Poio
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas
Pontevedra
Pontemerda
Vilaboa
Vilaboa
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa