Vilalba
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilalba (homónimos).
Vilalba | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Jessica Alba tras fundar Vilalba. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | Albinos. |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lujo |
Comarca | Comarca da terra cha cha chá |
Poboación | hab. (2019) |
Área | km² |
Densidade | {{{densidade}}} hab./km² |
Entidades de poboación | |
Capital do concello | |
Política () | |
Alcalde | Shaolin. () |
Concelleiros | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: |
elección analóxica. | |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | 100 % |
Páxina web oficial | |
|
Vilalba é concello da Terra Chá (un planetoide chantado nalgún lugar do Lugo profundo), capital da Terra do Cha Cha Chá.
Historia[editar]

Vilalba foi fundada por Jessica Alba, da Casa de Andrade, onde ergueu un enorme edificio fálico pra chamar a atención do rei e así obter mais poder, conseguindo ser Duquesa de alba, foi ela quen trouxo de Estados Unidos de América o costume do capón de Vilalba. Así en vez de estar na confluencia dos ríos Trimaz e Madanela está sobre éste último, ademas debería chamarse Vilnigra (en latín Vila Negra, de tanto tellado negro que ten).
A principios da Reconquista foi queimada por Gunderoda Esslin como estratexia de terra queimada para expulsar ao invasor árabe, foi repoboada por Vimara Peres con escravos musulmáns secuestrados en Al-Ándalus (concretamente de Fachadolid) e comezou a medrar debido á súa posición xeográfica concentrando cortes do gando que logo servían como posto comercial a laneiros de Bélxica e carniceiros de Inglaterra onde recoller súas materias primas. Sufriu o acoso de Ulf o Galego que deixou por aquí uns cantos fillos bravos, logo esta terra pasou a mans de El Rey, un atribulado vello que vendeu estas terras á Casa de Andrade a cambio de axuda militar contra a OTAN, estes nobres de Pontedeume eran tronistas perdidos (miren senón a Nuno Freire de Andrade, o Mao) e aumentaron os impostos polo que a xente do lugar se coaligou e fíxos dos Irmandiños expulsando a estes parásitos sociais grazas aos consellos soviéticos de Alonso de Lanzós e outros centralistas, pero esa historia non durou moito e a nobreza voltou e lles fixo reconstruir os castelos para logo reiniciar a Guerra Civil Nobiliaria, desta vez contra do Arcebispo de Compostela, que grazas á súa variña máxica convertiu o castelo de Vilalba en Parador de Turismo e fodeu aos Andrade.
Durante o Antigo Réxime Vilalba foi perdendo poder adquisitivo, non só lle levaban cartos senón que tamén lle levaban homes para os Tercios de Flanders, e os peregrinos do Camiño de Santiago desapareceron por temor a seren confundidos con misioneiros do Protestantismo por parte da Inquisición española, perdeuse o mercado europeo e só se vivía do gando, permanecendo nesta situación ata onte mesmo, cando se deron permisos para emigrar e todo diós fuxiu de alí para Occidente ante a falta de estímulos da Unión Soviética García Leira-Baamonde Díaz, que cando caeu o muro de Berlín aínda seguiron no posto gobernando con man de ferro este feudo.
Xeografía[editar]
Vilalba xurdiu a finais do Xurásico cando estas terras foron empuxadas polo surximento desde o fondo do mar da Galicia occidental (creando a Dorsal galega) e desecando o lago que antes había na Terra Chá. Grazas a que non hai ningunha vila cera Vilalba exeerce o poderío na súa comarca, ata As Pontes de García Rodríguez polo Noroeste, ata as portas de Lugo polo sur así compite contra Mondoñedo polo control do interior lugués.
Clima[editar]
Tamén o oceánico galiciano húmidofrio.
Economía[editar]
Desde esta vila a empresa dos gabachos Lactalis goberna o mercado do leite nacional.
Vender souvenirs de Manuel Fraga: chaveiros, miniefixies, seus calzóns, etc. Ademáis posee o monopolio do Queixo de San Simón polo hostal-pensión-spa Anduriña.
Parroquias[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Concellos da Comarca da Terra Chá | ![]() | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Abadín |
![]() Begonte |
![]() Castro de Rei |
![]() Cospeito |
![]() Guitiriz |
![]() Muras |
![]() A Pastoriza |
![]() Vilalba |
![]() Xermade |
![]() ![]() |
|
---|---|
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove |