Vimara Peres

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Vimara Peres
Vimara.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. X D. de C.
Padrenda Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Guerrear

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Vimara PÉREZCita2.png
Google sobre Vimara Peres

Vimara Pérez, Vímara Peres ou Guímara Peres foi un señor da guerra e conde que na Idade Media andivo loitando contra os moros e axudou a fundar Portugal ao arrebatarllo á Sharia.

Vida e cabalgadas[editar]

Nacido en Padrenda, fillo de Pero Rafúlez, cacique que negociaba tanto con cristiáns como con moros, grazas a varios anos de boa colleita puido aumentar o seu número de mercenarios e ter un pequeno exército co que depredar aos veciños, Vimara participou nas primeiras razzias servindo de peón e de vixía subíndose ao alto dos acantilados sobre o Miño e prendendo fogatas (no alto das montañas hoxe coñecidas como "FARO") pra dar o sinal de alarma ós seus.

Vimara foi medrando e como o val lle quedaba pequeno aliouse co conde cristiáns mas cercano e comezou a invadir as terras administradas polos moros e dándollas ós señores do reino de Galicia-Asturias, así foi subindo postos no ránking de marqués asturgalego, xa que pasou a defender unha ampla zona ou "marca" que facía de tapón entre as potencias inimigas do Norte e do Sur.

Grazas ó aporte económico do seu territorio xunto mais mercenarios e caeu sobre os vales do Lima e Douro musulmáns, conquistándoos e inventado ao tempo o "PIncho moruno", cando nunha das súas cabalgadas espetou na súa lanza a toda a garda persoal do Visir Ahmud Ibn Lambcú. logo encheu de administradores e notarios a zona entre o Miño e Douro, o que eles chamaban "Repoboación", ou sexa repoboalas de impostos pra poder vivir os nobres con mais luxos.

Debido á que a autarquía e a economía de autoconsumo das outrora repúblicas de homes libres da Alta Idade Media non producían apenas comercio nin rendibilodade pra un señor feudal, comezou a obrigar á xente a vivir na cidade de Oporto e logo fundou o burgo que deu lugar á Guimarães actual.

Debido a estas fazañas foi noemado Conde pola Corte do rei Afonso III, e a súa casa tivo varios suxeitos de sona ao longo do que restaba da Idade media:

  • Lúcido Vimáraz: seu fillo,que segiu conquistando cara o sur, morto por un mercenario italiano porque él non quería ser sodomizado (polo visto unha antiga costume dos cabaleiros medievais).
  • Pedro Vimáraz: outro fillo del. Conde galego que durante catro anos administrou os bens do bispado de Santiago de Compostela ó estar a sé vacante (xa que Afonso VI expulsara ó bispo anterior, Diego Páez, coa excusa de que quería entregar o reino de Galicia ó rei inglés Guillerme I o Normando, mentres o auténtico rei de Galicia Don García estaba secuestrado polo seu irmán Afonso VI. Ó papa Urbano II molesto pola inxerencia do rei depuxo ó bispo nomeado por Afonso VI e mentres este conde protexeu as terras de Compostela ata que foi relevado do posto polo chanceler Diego Xelmírez no ano 1093.)
  • Aloito (Alvito) Lúcidiz: ergeu castelos en cada outeiro que vía, levantando muros entre os penedos das cimas e así aforrarse as licencias municipais para construir.
  • Lúcido Aloítez: trouxo uns cantos emigrantes de Alemaña pra repoboar o seu ducado.
  • Onecca (Onega) Lúcidiz: esposa do conde Diego Fernández, irmán de Ero de Armenteira
  • Muniadona Díaz: un travelo medieval.
  • Gonzalo Menéndez, dux magnus, fillo de Hermenegildo González, Dux Magnus de Portugal
  • Menendo González: consolidou as súas fronteiras e casou cunha moura pra ser rico.
  • Aloito (Alvito) Nuñez: que descubriu África ao descubir unha patera navegando frente a Noia con Noé a bordo.
  • Ilduara Menéndez: grazas a estar na Idade media puido ser condesa antes que a raíña Urraca.
  • Nuño Menéndezou Nuno Mendes: último conde portucalense da familia de Vimara Peres, pensando que o seu rei( o de Galicia) era parvo, atacouno e perdeu a guerra na Batalla de Pedroso,derrotado foi executado polo rei García de Galicia. Durante 20 anos o condado portucalense foi de patrimonio propio do rei de Galicia ata que condado foi agasallado a un nobre francés.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vimara Peres.

Outros artigos[editar]