Viriato

De Desgalipedia
Viriato defendéndose de posibles traidores.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: AsterixCita2.png
Google sobre Viriato

Viriato foi un rei lusitano, xeneral na guerra contra os romanos e fundador de Portugal (aínda que as súas aventuras foron todas por Zamora).

Traxectoria[editar]

Viriato naceu na tribo dos Papaleixóns na Estrema e Dura, educado nas artes marciais polas mouras das Illas Cíes tivo coma compañeiro a Cúchulainn e Corocotta, logrou pasar o nivel 69 do xogo "Age of empires" en cinco nanosegundos grazas á súa afouteza e ter habilidades nigrománticas e cunha forza de combate de 4567890 unidades (tantas que lle rompeu o aparello visualizador a Vexeta) polo que foi elexido príncipe entre as distintas tribos e clans que se xuntaron na Lisboa a ver quen era o lusitano mais machote de todos.

O seu reinado prometíase fructífero, enviaba mercenarios a Cartago de paso que lles roubaba trigo na Andalucía e lle roubaba gando aos celtíberos aliados de Roma. Isto último rematou por traerlles quebradeiros de cabeza diplomáticos e non tivo mais remedio que ir á guerra e mesmo intervir nas Guerras Celtíberas. Tras varios meses indo dun lado a outro Viriato quixo firmar a paz e obrigou aos romanos a aceptala cercando a un exército romano pola noite usando castróns cos cornos encendidos para aumentar o número de guerreiros á vista dos romanos, estes aceptaron acolloados pero o Senado romano non e voltou a enviar outro exército polo que Viriato se retirou e nesas estaba cando uns veciños seus, aos que lle sacara a guapa Briseida para o seu harém, o mataron. Nembargantes a resistencia lusitana proseguiu e cando rematou so romanos déronlle as terras que querían os lusitanos... asi que tanta guerra si que serviu para algo!

Funcionarios romanos aos que derrotou[editar]

Debido a que Viriato era un estratega xenial tivo grandes éxitos belicosos e derrotou a moito exércitos, escuadróns, patrullas e decuriatos entre eles os mandados por:

  • Caio Sobreteu Cipote.
  • Cornelio Mariconino Androginus.
  • Flavio Detripas Corazón.
  • Pijus Magníficus.
  • Caio Plácidamante.
  • O pretor Vetílico.
  • Máximo Fabada.
  • Caio Alelado o Sabio.
  • Quinto Fabada Máximo Ulterior.
  • Quinto Servicial Cipote.
  • Marco Popper Viciado.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Viriato.

Outros artigos[editar]