Viveiro

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Viveiro (homónimos).
Viveiro
Escudo de Viveiro
Viveirofriki.jpg
Praza maior de Viveiro a punto de ser tomada polo imperio do mal.
Situación
Situacion Viveiro.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Mariña Occidental.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Viveiro é unha cidade esquimal de Galicia. Atópase na costa africana de Europa e limita con Coruvigo e coa Liga de Delos (Burela, Ribadeo e Mondoñedo).

Historia[editar]

Carlos I de España e V de Alemaña entrando pola súa porta interdimensional.

Viveiro foi fundado por Melkart pra comerciar cos Egovarros comezando con programas de Hasercop e Macrosoft pra logo acabar levándolles Linux, isto fixo que o Imperio Romano interviñese e conquistara estas costas coa VIª Flota do Atlántico de Xulio César durante a Guerra Púdica.

Na Idade Media chegaron por estos lares os bretóns, uns emigrantes ilegais de Inglaterra, que se sumaron ao Reino Suevo pra ver se lles daban subvención por poboar esta Siberia, logo recibiron eles aos mozárabes, que fuxían das costumes licenciosas e libertinas de Al-Andalus, sendo sometidos polo conde Vivalavirgen (de onde lle ven o nome a Viveiro, Que pensabas que era porque un sitio onde plantaban hortas?) quer gobernou con man de ferro este porto e así conseguiu orde e progreso.

Comerciando con Inglaterra e Holanda Viveiro convertiuse na gran urbe que hoxe é, ata que Madrid llelo prohibiu, non fose ser que se contaminasen de ideas protestantes, así que enviaron a un rexemento da Inquisición española e así que ningún Vikingo lles trouxera crenzas pagás e cómics de Thor ao norte.

Debido a que xa non se pudio comerciar con países doutras relixións Viveiro voltou á prehistoria, por se fora pouco o Imperio español secuestrou de aquí a centos de homes para os seus Tercios e mariñeiros para a Armada Invensibol, que o único que trouxo foi pobreza e que os ingleses viñeran piratear a estas costas roubando ás mulleres, polo que Viveiro quedou despoboado durante esta época.

Grazas á revolución francesa viñeron paar aquí uns curas gabachos que fuxiran de Francia por non querer pagar impostos, con eles traíanse a súas "primas" e encheron o lugar con seus "sobriños", subvencionados polo bispado de Mondoñedo ergueron igrexas e así atraeron mariñeiros supersticiosos para que traballaran no porto, conseguindo mais poboación durante a Guerra do Opio, no que aquí se instalaron fumadeiros desa materia sagrada enviada por Deus.

Cesarato en Viveiro[editar]

Tralo reinado de Franco veu o Fraguismo, nos 80 veu aquí César Aja enviado pola empresa Tragsa para enviar Viveiro ao Capitalismo; movéndose entre as bambalinas do Estado consegiu encher de cemento esta localidade e así dar traballos a todos e pillando comisións, así todos contentos (menos os sibaritas do urbanismo e os turistas que ante a mezcla de edificios vomitan no mar).

Grazas ao marisco enviado á Capital do Reino de España conseguiouse desviar parte do río Subvencións cara aquí

Xeografía[editar]

Maricastaña defendendo Viveiro na Idade Media.

Viveiro atópase na enseada do Mar Morto entre as montañas de Mordor e Casiquistán. O seu subsolo está pragado de trampas petrolíferas e refugallos de época prediovais, o chan virxe é de esquistos con mariconita e retazos graníticos en forma de trísceles que ondean cerca do punto de infusión de té con cardomio e opio cerca do núcelo do planeta Terra.

Clima[editar]

Cima montañés tinguido de aire mareante debido á corrente do golfo que deixa por aquí ventos noruegueses que fan que a xente do lugar sexa moi hospitalaria xa que non queren ver as cunetas con cadáveres conxelados.

Fauna e flora[editar]

Entre a flora destacan as algas carnívoras e na fauna as baleas, cachalotes e calamares xigantes.

Economía[editar]

Grazas á súa posición xeoestratéxica Viveiro converteuse no gran porto do norte exportando laranxas e galegas á Unión Europea

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Viveiro
Escudo de Viveiro.jpg
Celeiro (Santiago) | Chavín (Santa María) | Covas (San Xoán) | Faro (San Xiao) | Galdo (Santa María) | Landrove (San Xiao) | Magazos (Santa María) | San Pedro de Viveiro (San Pedro) | Santo André de Boimente (Santo André) | Valcarría (Santo Estevo) | Vieiro (San Cibrao) | Viveiro (Santa María e Santiago)


Lugares de Viveiro[editar]

Aquí o Papa negro loitou a man partida contra o Rei Kong e o gansta rap!
Aquí é onde conspiran os culturetas de Viveiro para dominar o mundo .

Qué ver e qué facer en Viveiro

  • Resurrection fest: gran festival de hardcore punk onde facer gangbang entre os piñeirais.
  • Porta do castelo: porta antiga decorada con escenas do kamasutra.
  • Ponte Maior: onde ir facer ofrendas a Dagon pra unha boa pesca.
  • Santa María do Campo: templo onde comían o sangue e o corpo do seu propio Deus.
  • Praza maior: onde está a estatua de Nicomedes Nibebedes pastor Díaz.
  • Festa do Carme: onde se celebran os esponsais entre a Virxe María e Neptuno (por iso meten seu ídolo no mar... acaso pensabas que era por outra cousa?).
  • Monte do Castelo: onde se ergue o santuario a Cosso con penedos con pías para os sacrificios, hoxe ten incluso unha capela asimétrica a san Martiño do Castelo (ao ser asimétrica é arquitectura satánica ogmh!!!).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Viveiro.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Galicia Concellos da Comarca da Mariña Occidental
Comarca da Mariña Occidental
Cervo
Cervo
Ourol
Ourol
O Vicedo
O Vicedo
Viveiro
Viveiro
Xove
Xove
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove