Vladimir Dragosan

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Vladimir Dragosan
RafaelPintos.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Pontevedra Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Profesión Vampirizar Españistán.
Cita1.png... mais coñecido como Rafael Pintos, é un artista, performer, showman e poeta galego.Cita2.png
Wikipedia sobre Vladimir Dragosan.

Vladimir Dragosan (en castrapo: Wladimir Dragossán) é un perigoso vampiro de Pontevedra, segundo as lendas locais era un rapaz que tiña moza gótica, a Paca. E cando esta quedou vampira perdida foina desvampirizar coa súa estaca pero como estaban os de Crónicas Marranas no cemiterio fíxose o longui.

Biografía e mordeduras

Nado en Pontevedra na Era de Acuario durante o reindo de Franco foi educado nun colexio nacionalcatólico, estudou filoloxía romanista na USC onde case se fixo Reintegrata mais ao entrar na Skull and Bones local viaxou a Romanía onde lle curaron dese virus soberanista. Alí entrou coma discípulo do Conde Orlok, que lle ensinan a filosofía perenne e técnicas sexuais ocultistas.

Nos seguintes anos e tras experimentar con varias sustancias traídas do Alén foise vivir ao pazo da Caeira (Poio) onde trabou contacto con varios entes extradimensionais a través da Ouija, así como acometer rituais tipo Fluxus no laberinto da Illa das Esculturas.