Vladimir Putin

De Desgalipedia
CYRILLIC LETTER DZHE.png Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros...


Vladimir Vladimirovich Putin
Владимир Владимирович Путин;
Vladimir Putin

Presidente de Rusia
Actualmente no cargo
Dende o 7 de maio de 2012
Precedido por Viktor Zubkov

Datos persoais
Nacemento 7 de outubro de 1952 (66 anos)
Leningrado, Unión Soviética Bandera URSS.png
Cónxuxe/s Ludmila Berserker

Vladimiro Putin é o presidente de tódalas rusias e territorios veciños.

Vida e miragres[editar]

Putin naceu na URSS durante o cambio climático que provocou o desxeo stalinista dunha familia staxanovista, de pura raza aria eslava, debido á súa cara de Pato Donald tivo que porse a estudar judo para que seus compañeiros de clase non lle desen tantas collejas. Putin estudou na universidade soviética proletariarnósk de San Petersburgo onde eran os seus estudos de Dereito, por iso á tan dereitista claro!

Da universidade pasou a traballar de funcionario (pra que logo falen mal da Unión Soviética soes?) entrando no KGB nun posto de politica, como delgado na xunta central do Directorio S, a oficina de asuntos externos, ou sexa os que enviaban espías a Estados Unidos de América para coñecer aos artistas de Música pop antes de seren famosos, secuestralos i envialos a Rusia a cantar as glorias do socialismo real.

Despois de rematar os seus estudos de Dereito na universidade foi á República Democrática Alemá (RDA) onde durante catro anos estivo formándose nun centro de espías político-militares, aprendendo a escoitar conversas alleas e manexar plans estratéxicos, aquí neste centro de investigación desenrolou os seus superpoderes de homo sovieticus conseguindo ter visión de raios X e lanzar veleno a grandes distancias. Coa caída do Guerra Fría Vladimir voltou a Moscova e de alí á Petrogrado, onde conseguiu un encufe na Universidade onde estudara e alí coñeceu a mais xente influínte que o meteu na política da nova Rusia de Boris Ieltsin. Putin deixou o KGB ao ver que seu xefe era pro Mikhail Gorbachov e seguiu ao lado del, ata que perdeu as eleccións e foise a Moscova onde comezar a trepar polo Boris arriba conseguindo o posto de Primeiro Ministro e presidente de tódalas rusias e algunhas mais.

Como presidente comezou a perseguir a tódolos inimigos, tanto internos coma externos, enviando terroristas e wahabitas tolos a gozar das mulleres prometidas, e orgnizando a blitzkrieg contra Chechenia e Projánov. Logo casou con Medvéved comezando a bicefalia da democradura, que tivo que sovietizar a economía ao ver que iso do Capitalismo, Nova Economía e neoliberalismo eran patrañas do Imperio Gringo. Así veu mais guerras, desta vez contra Xeorxia mentres soportaban a Eduard Limónov xa que éste nin era do KGB nin Putin lle dera fructíferos negocios cos que enriquecerse.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Vladimir Putin.

Outros artigos[editar]

Predecesor:
Boris Eltsin
[[Ficheiro:|30px|border]]
Presidente da Federación Rusa

2000 - 2008 e 2012 - presente
Sucesor:
Dmitrii Medvedev