Walter Bishop

De Desgalipedia
Walter Bishop

Walter Bishop photo.jpg

Obra Fringe
Creador(es)
Información
Sexo
Título
Familia
Cónxuxe
Aliados
Inimigos
Residencia


Walter Bishop foi un científico americano da Guerra Fría que loitaba contra o Eixo do Mal usando a superciencia para derrotar á URSS.

Traxectoria[editar]

Walter naceu en Vello México, fillo dun chamán apache e dunha antropóloga comunista de Berkeley nos anos trinta, seu pai acabou traballando para a Alemaña de Hitler como enxeñeiro de biotecnoloxía cromosomática para matar cunha soa bomba a tódolos xudeos. Walter foi educado por unha niñeira comunista en Berkeley á beira de Phipil K. Dick pero Walter foise ao práctico e púxose a estudar ciencias paranormais, tras sacarse a carreira de investigador do oculto, construindo un laboratorio de experimentación na universidade en pleno verán do amor, conseguindo enviar almas ao alén co LSD e así entrar no plan MK Ultra.

Walter Bishop nunha foto real e nun debuxo feito pola Garda Civil en Galicia.

Debido a que quixo capturar un voyeur rematou por matar a unha axudante e secuestrar a seu propio fillo no Universo inverso, debido ao primeiro foi enviado ao loquero preso de onde o sacou o FBI. Entón, para investigar "o Patrón" e ver quen cona anda facendo prácticas con ciberarmas sen permiso dos USA, e así entrou na División Fringe, pdoendo por fin mercar media tonelada de semen de babuino e ter unha vaca suíza no laboratorio para facerse batidos de chocolate que seu pai é chocolateiro.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]