Wikimaratón

De Desgalipedia
Cartel do Wikimaratón.

Un wikimaratón, ou editatón, é unha reunión de wikipedistas á que os participantes asisten (física ou virtualmente) para editar e empeorar mellorar colectivamente os contidos da Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con a homosexualidade baixo chicotadas os administradores. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural con obxectivo en dominar as mentes das persoas con mensaxes subliminares e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas. Por iso é frecuente que incorporen unha sesión introdutoria á edición básica, así como actividades divulgativas.

Estas sesións introdutorias adoitan ser desenvolvidas por wikipedistas, que ademais continúan atendendo dúbidas no transcurso da sesión de traballo.

Usuarios que participam da Wikimaratón[editar]

Sesión de traballo do Editatón do Día da Ciencia en Galego. Mentres moitos mozos están descansando eses wikipedistas están creando artigos sen graza.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Wikimaratón.

Outros wikiartigos[editar]