Winston Churchill

De Desgalipedia
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Winston Churchill e moito menos en quen votou nas últimas eleccións. Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!
Como ser divertido e non só idiota.
Trunhez.jpg


Winston Churchill
Churchill1.jpg
Winston Churchill
Nobel prize medal.svg.png
Primeiro Ministro do Reino Unido Ditador de Inglaterra
Período 10 de maio de 1940
27 de xullo de 1945
Sucesor Clement Attlee
Primeiro Ministro do Reino Unido Ditador de Inglaterra
Período 26 de outubro de 1951
7 de abril de 1955
Sucesor Anthony Eden
Ministro de Facenda do Reino Unido
Período 6 de novembro de 1924
4 de xuño de 1929
Sucesor Philip Snowden
Datos persoais
Nacemento 30 de novembro de 1874
Lugar Oxford
Falecemento 24 de xaneiro de 1965
Lugar Londres
Organización Partido Conservador (1900-1904, 1925-1964)
Partido Liberal(1904-1924)
Profesión Político, militar e escritor

Cita1.pngSalvounos de comer salchicas con grelos!Cita2.png
Inglés sobre Churchill
Cita1.pngCoidado co libertador capilar, o Bobobo inglés!Cita2.png
Hiro Hito sobre Churchill
Cita1.pngSeguro que acaba uníndose a min no dominio do mundoCita2.png
Hitler sobre Churchill

Winston Churchill foi un xornalista e primeiro ministro do Imperio Británico.

Traxectoria[editar]

Mocidade[editar]

Churchill trala festa na que emborrachou ao Imperio Otomán e creou da nada a Iraq, Irán, Palestina, Xordania, Arabia saudita, Iemen, Exipto, Kuwait, Siria, etc.

Winston Lucky Leonard da Vinci Spencer Tracy Churchill naceu na familia dos Condes de Sithley, foi enviado a Hogwarts onde se doctorou en relacións homoeróticas e darwinismo social, ao fin da infancia pasou a Oxford onde aprendeu a escribir. Pra ter algo mais que meter no seu currículo quixo ir ver mundo e meteuse nun xornal para que o enviassen ao corazón das tebras, pero enviárono á Guerra de Cuba onde os recén nacidos Estados Unidos de América mallaron a gusto no Imperio Español. Winston conseguiu saír vivo e sen un balazo nin sífile de Cuba. Como moito do seu material non pasou a censura burguesa militar recolleu logo en varios libros de ficción as súas experiencias bélicas, algo así como logo fixo Arturo Pérez-Reverte, o que lle valeu un premio Nobel.

Churchill foi á guerra entre o Imperio Británico e uns colonos holandeses de Sudáfrica na Guerra Anglo-Bóer. Alí entrou no negocio dos diamantes e coñeceu a Corto Maltés co cal case consegue ter un affaire sepsuá que como todo bo mozo inglés debe ter con algún outro rapaz mais novo ca el e exótico.

A Primeira Guerra Mundial[editar]

Churchill saudando aos socialdemócratas e á India trala súa independencia.

Durante a Bélle Epoque meteuse en política no PP, pero no lado rebelde ao líder do partido co fin de ser el ése líder, obtivo o posto de deputado cunero e algún que outro posto desde onde tentou modernizar Reino Unido mediante o darwinismo social, logo na Primeira Guerra Mundial déuselle o posto mais alto na Mariña, onde logrou grandes reformas como a de traballos forzados en vez de tirar pola pasarela aos amotinados e irlandeses independentistas, así como deixar sen protección convoios de barco aliados para que o inimigo os afundise e así lograr que países neutrais entraran na guerra contra Alemaña, isto fíxo na Primeira e na Segunda Guerra Civil Europea, conseguindo que Estados Unidos de América entrase na guerra. Despois meteuse a carniceiro ao organizar o desembarco de Galípoli, onde fracasou.

Nos tolos anos vinte e os salvaxes anos trinta[editar]

Durante os tolos anos vinte Churchill invadiu Mesopotamia, tentou estrangular a Revolución rusa enviando exércitos brancos contra a URSS na guerra civil rusa e logo axudando a Polonia cando invadiu Ucraína con miles de patacas explosivas, así como enviar vampiros a Irlanda para afundila. Logo provocou a Crise económica de 1929... pero cinco anos antes en Inglaterra! Nos salvaxes anos trinta adulou a Benito Mussolini e pra foder a Chamberlain fundou un programa de radio sobre cotilleos antinazis á vez que defendían ao novo rei británico que era nazi, pero non nazi alemán olliño!

Segunda Guerra Mundial[editar]

Na Segunda Guerra Mundial Churchill consegue o posto de primeiro ministro ao amosarse mais bélico ca ninguén, tras varios contratempos en Finlandia e Noruega, tras ver que os gabachos non fan nada envía un exército a Francia pero teñen que fuxir a Hitler cando invade toda Europa occidental. Churchill nesta guerra fixo moitos discursos, como o discurso "ós corvos da torre de Londres", discurso "aos estudantes homosexuais de Oxford na loita antiimperialistaheteronormativa" e moitos outros que lle gañaron o cariño do pobo mentres Werner von Braun os bombardeaba con cohetes Apollo. Ao conseguir que os USA e URSS lle axudasen Churchill gañou a guerra pero non o querían como presidente asi que o botaron fóra xa que quería manter o neoliberalismo porque era duque.

Segundo mandato (1951-1955)[editar]

Churchill poñendo orde no Terceiro mundo.

Nos anos cincuenta voltou a ser primeiro ministro, provocando a Guerra Fría ao roubar petróleo e democracia a Irán (país veciño ao sur da URSS) e tentar manter o Imperio Británico pra poder vivir ben a conta das outras razas. Así enviou ao avó de Rambo a Kenia a matar independentistas, tal como fixeran en Irlanda, Malasia, etc e púxose a matar independentistas mentres facía propaganda de sí mesmo entre a poboación e seducía aos caciques locais. Tentou entrar na Guerra de Vietnam pero Franco non lle deixou garzas ao pider obtido co santo grial e o brazo pajillero de Santa Nonseiquen.

Legado e morte[editar]

Kenny no inferno.jpg Oh My God!! They killed Winston Churchill!! You bastards!
Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña,
se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro.

Clique aqui pra ver quem te espera no inferno!


No seu legado destaca o neocolonialismo, así como o conflito de Oriente Medio e a traizón ao pobo árabe. na propia Inglaterra deixou de primeiro ministro ao marido da súa sobriña.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Winston Churchill.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Primeiro Ministro do Reino Unido United Kingdon Flag.png

Segue a:
James Blackadder
Winston Churchill
Precede a:
The Beatles
Partido Conservador