Xabarín Club

De Desgalipedia
A galega.jpg Xabarín Club é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

Xabarín Club é un programa de control mental que engloba a programación infantil-xuvenil na TVG. Na segunda metade dos 90 converteuse nun fenómeno social con máis de cen mil socios (unha cuarta parte dos nenos de Galicia) e 800 afiliados na provincia de León. O programa emitiu ducias de series de debuxos animados, espazos de produción propia (como a serie "Os Vixilantes do Camiño") e música orixinal. Editáronse cinco CDs titulados "A cantar con Xabarín" dos que se realizaron numerosos videoclips. Tamén contaron con gran resposta do público as Xabaxiras, concertos da música do programa que xuntaron miles de nenos e nenas.

Revista infantil e xuvenil que inclúe debuxos animados. O Xabarín renovou a súa imaxe e convida os seus socios a iniciar unha nova aventura co seu traxe de novo xe. A sección "Xabarín informa" é a primeira cita dunha serie de contidos novos que o club prepara desde a galaxia "Satélite Xabarín". Trátase dun microespazo para a información diaria, ateigado de noticias de interese xeral para o seu público, coa finalidade de manter un fluxo constante de información cos socios.

O Xabarín tamén trae outras novidades de cine, vídeo e dvd; música e bandas sonoras de novos grupos galegos, concertos, discos, series de debuxos animados, cómics, mangas; eventos, mostras, certames, videoxogos, revistas e fanzines, literatura infantil e xuvenil e unha axenda de recomendacións para o lecer na fin de semana.

Grazas á Xunta de Feijóo que maltreatou ao xabrín, o rpograma foi esmorecendo, e tras unha renovación dos mandos da TVG, en 2013 a RCTVG ordenou e ameazou a uns fans pra que sacasen unha webfan do xabarín club.

Primeira tempada[editar]

No ano 94 comeza a emitirse con programas pra mozos en galego, isto provocou quye centos de cativos de A Coruña comezasen a falar en galego pro primeira vez cousa que enfadou moito aos seus pais pero nonfixeron ningunha manifestación contra a imposición do galego porque daquela mandaba un dos seus, Fraga.

Son os tempos de SonGoku, as cancións do xabarín de grupos galegos (Siniestro Total, Def Con Dos, Mestre Reverendo, do bravú: Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos de Montealto, O caimán do Río Tea, Yellow Pixoliñas, Rastreros...), portugueses (As Amarguinhas, Rui Veloso, Xutos & Pontapés, Spinho e Pavorotti, Despe e Siga) e africanos lusistas (Kussondulola). É cando os frikis teñen o seu Papa, o Doutor TNT.

Postempada[editar]

Tralo chegada ao poder Alberto Núñez Feijóo e da política de inmersión do Bipartito, as políticas educativas en galego son reprimidas e nos medios Galicia Bilingüe consegue que se persiga o galego, Xabarín Club pasa polos seus piores momentos ao ser maltratado e poñerlle horarios esquizofrénicos.

Series do club[editar]


Notas[editar]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 http://www.crtvg.es/crtvg/crtvgviva/doraemon-unha-das-estrelas-de-animacion-do-xabarin-club-xa-ten-un-museo-propio
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Series que se están a emitir no Xabarín Club.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Series que se están a emitir na G2.
  4. Series que se están a emitir no Xabarín Club e na G2.
  5. http://www.misiontokyo.com/noticias/9094/dragon-ball-kai-tambien-en-galicia

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xabarín Club.

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]