Xan Quinto

De Desgalipedia
Galego.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Dirty McNasty-01.jpg Xan Quinto é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Xan Quinto
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.


Xan Quinto
Xoanquinto.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1829.
Vilagarcía de Arousa Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Bandido.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Joannis VICita2.png
Google sobre Xan Quinto

Xan Quinto (ou Antonio Rodríguez Otero) foi un bandido galego de finais do século XIX, coñecido por Valle-Inclán e seus discípulos da Galicia profunda.

Autobiografía[editar]

A cuadrilla de Xan Quinto.

Xan Quinto naceu na Galicia profunda, reserva espiritual dos celtas que aínda conservan súas tradicións e supersticións que os protexen dos malos espíritos pero non de pasar fame, e por iso seguena vella tradición castrexa dos montañeses de ir roubar ós habitates das chairas que teñen mais alimentos. Seica andivo polo barbanza adiante e demais Terras de Santiago roubando ós ricos (que rean quen tiñan cartos) e dándolle ós pobres (pra pagarlle o que lle daban de comer e subornalos pra que non o denunciasen á garda civil). Fillo de Remigio de Bealo, que estivo na Batalla de Ponte Sampaio.

Debeu nacer de familia pobre e como non quen lle dera unbo par de ostias cando neno foi un consentido toda a vida e así saiu, que andivo roubando e facendo crimes a esgalla por vai ti saber onde, seguro que non se lembra dil nin Maricastaña. O feito é que se fixo famoso porque o sacou nun conto un escritor galego que escribía en castelán, Ramón María del Valle-Inclán, que era un señoritingo de moito nabo irmán curmán do Osama Bin Laden ése pero con moitos menos collóns. Xuntou a outros moinantes coma él en cuadrilla e foron asaltando polos camiños á xente e fuxindo da garda civil. Unha vez rouboulle a un labrego que ía mercar bois pra unha festa de despedida de solteira e mandou igualmente ó pájaro á feira e alí no campo da feira fíxolle levar os bois ó labrego e rouboulle ó tratante do gando os cartos que levaba (xa se sabe que os tratantes de gando son todos un ladroeiros asi que quen rouba a un ladrón...) Na desembocadura do Ulla deixou atrás á parexa benemérita pegando un chip grazas a impulsión do seu ó tirar un peido, no seu honor chamáronlle ó sitio Salto Ladrón.

Matou a seu compadre, Antón de Devesa porque era un visioso que só andaba matando xente por visio e pra darlles de comer ás súas fodeamigas os corazóns de paisanos, fixo tal homicidio un día na casa da vítima e mandou a seus fillos que o rematasen e soterrasen nalgunha fronteira. Noutra aentura súa ofreceuse como mercanerio pros da aldea de Ourolo contra dos de Bealo e coa súa soa presencia os puxo en retirada.

Tiña por moza a unha criada do Gran Xuiz da Audiencia de Galicia ata que éste aprendeu e xan Quinto procurou axuda dun fidalgo e xuntos a liberaron pero ela estaba trastocada pola vergonza de que a viran toda anoréxica e fuxiu afogándose no rial de Corvos. Debeu acer nunha emboscada nalgunha revolta do camiño contra finais do século XIX.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xan Quinto.

Outros criminais[editar]