Xeografía

De Desgalipedia

A xeografía é unha subciencia sacada da Xeometría.

Historia da xeografía[editar]

O artigo principal desta categoría é: Historia da xeografía
Grazas a este uniforme os xeógrafos poden camuflarse no medio ambiente que estudan.

A xeografía foi inventada na Mesopotamia por astrólogos para saber de onde cona viría o seguinte pobo invasor a levarlles a civilización, os mesopotámicos inventaron o sistema para dividir a terra en catro partes (Norte, Sul, Este, Oeste e Orestes) para así poder dividir con xustiza as parcelas de terra entre as diversas cidades estado sen que houbera guerra nin sachazos entre os labregos. Entón, logo inventaron outros tipos de xeografía (cultural, política) para saber a quen comprarlle madeira, ouro, pedras, etc e así puideron comerciar cos fenicios e coa Cultura do Indo, xa que coñecían onde estaban.

Tipos de xeografía[editar]

  • Xeografía xeral: a que estuda á vez o tipo de terra e superficie xunto aos pobos que a habitan, así por exemplo estuda a Península Ibérica á vez que os humanoides que están sobre ela (portugas e españolistas).
  • Xeografía física: investiga a superficie da terra e seus materiais, dá nome e mide mares, golfos, penínsulas, rubias, montañas, placas tectónicas, tetas, ríos, lagos, carallos, volcáns, conas, rías, etc.
  • Xeografía humana: subciencia incompleta (xa que non estuda á fauna nin flora) que mira aos humanos, como se organizan e loitan entre sí, seus gustos (As crónicas de Narnia ou Star Wars) procesos poboacionais (aldea ou cidade) transportes, económica, industrial, sexual, do envellecemento, da islamización, incultural, etc.
  • Xeografía rexional: divide o mundo en divertidas seccións ás que chama rexións e as trata de unir con loctite, xa que mete no mesmo saco de Europa central a países tan distintos como Alemaña e Polonia!!!

Ciencias auxiliares da xeografía[editar]

Escolástica, ocultismo, teosofía, ouija, espiritismo, matemáticas, relixión, minería, arqueoloxía, pescadería, puticlús, agricultura, sexoloxía, sedimentoloxía, industrioloxía, masonaría, loucuraloxía, ciencias ocultas, arte, vomitonaloxía, fauna, florecía, implamtoloxía, explosivaloxía, xeodesia, demonoloxía, arquitectura, etc, etc, etc.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]