Xeración Nós

De Desgalipedia

A Xeración ou Grupo Nós foi un grupo de rock dos tolos anos 20 de fillos de papá que viraron en metaleiros anovadores e nacionalistas.

Orixinalmente contaban cun compositor con bandurria e vocoder, un trombón, un bombo, tres balalaikas, un sintetizador, tres secuenciadores de 3 pistas, etc.

Historia[editar]

A xeración Nós tras descubrir os vocoder.

Todo comezou en Ourense con Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, dous amigos culturetas que se xuntaban no café volter pra laretar do último programa cultural da TVG, da revista "Gafapasta" ou xuntar as súas pagas pra iren a Barcelona de festivais (sobre todo pra ver ó grupo Mancomunitat Cambó); como vían que os medios de comunicaión pasaban deles comezaron a estudar francés e alemán pra poder mercar revistas extranseiras e así descubriron un mundo novo.

Cedo comezaron a escribir as súas propias composicións e copiar a autores modernos novas formas de composición, ritmo, compás, etc e mercaron instrumentos por ebay (guitara e organillo), cone les foron tocar á rúa do paseo, alí na facahada do banco estatal espagnolo, onde a xente se lles quedou mirando espantada (xa que pensaban que o facían por pedir esmola) e os correron a bastonazos os homes e tirándolles das guedellas as mulleres. Afortunadamente un mozo, Florentino López Cuevillas (Flo pros amigos e alcumado "caganillas") escoitounos e moloulle mogollón a nova música que escoitara e convenceu a seu pai, que tiña un bar pra estudantes, de que lles deixara tocar durante os recreos da chavalada e así atraería mais xente. O bar enchíase sempre que ían eles, ata que o cacique local (que tiña un bar da competencia) lles enviou a garda civil e tiveron que pagar unha multa xunto con varias semanas castigados sen poder saír de botellón.

Así descubriron que tiñan moito tempo libre e seguiron ensaiando e versionando temas do modernismo, esoterismo, budismo etc, nun foro acerca do alén trabaron amizade cun rianxeiro, era Castelao que se covertiría na voz do grupo co seu Minimoog; fixeron unha quedada aproveitando que había unha quedada de rol (As crónicas de Gáidil) en Monforte de Lemos e como aínda se fixeron mais amigos comezaron a facer as súas propias composicións, tras convencer a Risco de que era necesario atoparse a si mesmos a través da cultura propia. Así xurdiu o grupo "NÓS", un grupo de rock famoso por cantar en galego mesturando diversos estilos musicais como o techno, ópera, rancheiras, música folk, pagan brutal black metal e tango ademais de por facer directos onde berraban todo o tempo "Galiza ceive poder popular!", "Galiza e Portugal a mesma merda é", aparte de facer grandes queimadas mentres incineran fotos de caciques e bandeiras franquistas españolistas e fan ondear as bandeiras de Galicia e de Hespaña (Actual Estados Unidos Ibéricos) mentres lanzan aturuxos.

Ao principio facíanse chamar Les souabes, mais tiveron que mudar de nome polos dereitos de autor. Comezaron a xirar polas salas de arte, bares de culturetas e como medida vangardista foron a tocar a estacións de trens e de autobuses, onde aproveitaban pra facer grabacións de sons industriais con secuenciadores analóxicos prehistóricos pra logo mezcalos e crear melodías musicais tecnopoperas nos seus estudios da rúa da Paz. Alí levaban de vez en cando ós amigos e bebían cubas e cubas de viño do Ribeiro polo que moitas veces os ensaios remataban a ostias entre os integrantes e/ou seus invitados, razón pola que as mozas de Castelao e Risco deixaron de ir e por fin se lles liberou a maxia que levaban dentro (creando grandes Lps como "Arredor de Sí", "Nós os inadaptados", "Memoria dun esquelete").

Mais as frías e húmidas noite sourensáns fixeron que Castelao e Risco enfermase de tuberculose, e iso que só saian de troula coas mercenarias do amor catro veces por semana, e tiveron que separase durante uns meses; excepto Oteropedrayo e Cuevillas que seguiron ensaiando e probando novos vocoder e melodías bizarras cos seus hammond e Otero co melotrón indo á rúa do paseo a experimentar a resposta do público, a cando Risco se enteirou pensou que o querían botar do grupo (porque él non quería modernizar con nada electrónico) e conseguiu que os botasen da rúa por escándalo público dándolle a entender ó gobernador provincial que algunhas melodías levaban letras subversivas e socialistas. Oteropedrayo e Cuevillas voltaron illarse no estudio de grabación e Risco apareceu por alí coma se nada botando a lingua a pacer sobre unha nova melodía que compuxera, "A viúva leda", pero ledo non ficou cando Cuevillas lle ensinou a súa nova adquisición, un sampler, o que fixo que Risco tivera un ataque agudo de miopía. Por si fora pouco apareceu Castelao por alí con varios masóns que le fixeran un encargo pra loxa Antolín Faraldo de comporlles unha cantata masónica en ReDo menor, a cal sería "Gatas no salón dos pasos perdidos", Risco deu en gomitar e tiveron que fuxir do pequen local ante o abafante cheiro gástrico risquense.

Nese momento tiveron todos unha alucinación colectiva (ou iso Risco trala Guerra Civil española), aparecéuselles Manuel Murguía cantando "Suspiros de España" (Nos 70 Otero Pedrayo desmintiría tamaña mentira feixista e confesou que flotaba cantando "Exta sí exta non" en galego lusista) Cuevillas tivo a gran idea de aproveitar a decoración atopada en certos escombros dos castros e decorar as carátulas dos seus discos con trisqueis, caetras, puñais de entenas e espirais pétreas, isto avivou a imaxinación de Risco (que xa contaba con compor algunha cantiga sobre o karma), Castelao (que aturuxaba a ritmo de blues de exiliado) e Oteropedrayo (que vía a seus antergos fidalgos conspirando na carlistada), din que deste episodio xurdiu o disco " O porco de pé".

Tras varios encontronazos coa lei e entrar en partidos políticos a banda disolveuse pola metodoloxía aplicada dos productores, que se querían levar a Castelao á horta e promocionalo en solitario e así romperon o grupo, aínda que grupúsculos reintegratas afirmen o contrario e vexan unha conspiración españolista pra dominar culturalmente á Galiza e por iso fixeron un golpe de estado en 1936 que separou ós integrantes pra sempre e despois queimaron os seus discos en fogueiras tipo inquisición ou Alemaña nazi.

Menbros viriles[editar]

Un dos mellores discos de Nós: Around the sí.
  • Vicente Risco: mozo urbanita e cosmopolita que con 30 anos se decatou que non tiña amigos e comezou a facer conferencias e orxías por todo Ourense e provincias pra ver se lle facían caso e conseguía alomenos ter moza e pinchar.
  • Castelao: pontevedrés que canso de explicar ós mariñeiros que depilarse TODO o corpo era do mais cool exiliouse en Ourense porque ouvira dicír que era a "Atenas de Galicia" e aquelo soáballe moi de... "gregos" e súas cousiñas... nembargantes era o membro mais botado pra diante e unha tolaza nas festas que sempre conseguía toda a admiración de TODO o mundo, Cuevillas sempre pensou que era unha encarnación (avatar que diría Risco) do deus Lugh porque sabía facer de TODO a TODOS.
  • Ramón Otero Pedrayo: moi coñecido por Amoeiro de rapaz por ser un dos primeiros en poñerlle ó trombón un vocoder, tiña ideas raras na testa (como a de fundar unha república de labregos e mariñeiros en vez dunha de emigrantes...) soía andar de a cabalo polas congostras e tirarlles piropos ás mozas ás que gostaba de acompañar detrás das silveiras, mais ó entrar no grupo Nós foi a súa perdición... meteuse en política e xeografía e descuidou as sús necesidades de home (ata que tivo que voltar ó pazo se quería que Franco e seus amigos non o matasen).
  • Florentino López Cuevillas (Aka caganillas): tras estudar farmacia en Santiago de Compostela voltou feito un cultureta a casa (os de agora voltan revolucionarios galeguistas) e como súa nai non o aturaba lle deixou ir a Madrid (capital gafapasta do momento) onde en vez de facer un máster en farmacia ou estudar medicina fixo filosofía e funcionario (algo é algo), como durante uns meses seus amigos marcharon pra outros destinos e non soportaba a Valle-Inclán coas súas teorías nazis de suevose celtas voltou a Ourense, onde por non aburrirse colleu a súa cabra Loli e marchou co organillo á rúa do Paseo onde foi secuestrado por Risco e Oteropedrayo pra formar un grupo de música de escola de arte.

Colaboradores[editar]

  • Ben-Cho-Shey (alcumado como Xosé Ramón Fernández-Oxea):Gran cruz de Montealegre, colector de Barallete, Preboste do Tangaraño; tras andar tocando o birimbao e diversos sintetizadores marroquía rematou por facerse mestre.
  • Xocas (alcumado Xaquín Lorenzo): que lle deu unha volta de torca ó grupo ó traerlles un enxeñeiro de son alemán co cal cometeron diversas orxías nas rúas do Vilar en Ourense.
  • Teixeira de Pascoaes: ...non, non era unha muller (non ves que todos eran gais?) era un poeta tramontino que vivía de rentas.
  • Fermín Bouza Brey: avogado e poeta (según él era a reencarnación de Martín Codax) que tanto estudaba ruínas como plantaba versos sobre as naos senlleiras do contrabando arousán.
  • 'Ánxel Fole: o Jack London lugués, lobos por alá lobos por aquí... pero que comen xente.
  • Luís Manteiga: xornalista (e como era gai convenceu fácilmente a García Lorca de que fixera poemas en galego).
  • Luis Pimentel: que falaba das súas experiencias homosexuais tinguidas con moita tenrura(Manuel Rivas é seu fiel seguidor).
  • Emilio Pita: emigrante que sempre enleaba que si abrétema nos camiños (según unha lenda urbana foi nunha congostra neboenta onde foi iniciado nos misterios do homo).
  • Luís Tobio: ensinoulles a usar amplificadores en calquera cousa que pudirea xerar un son e logo armalo nunha consola de pistas e xunt cun vocoder facer unha aria que nin Wagner.
  • Afonso Vázquez Martínez: que deseñou varios iconos e cartaces promocionais, dándolle unha óptica futurista-estajanovista.

Sabías que...?[editar]

  • ... son gays?
  • ... se lles acusou de nazis? Isto é unha incoherencia porque Risco matou a Hitler tras enteirarse de que éste trataba de invadir o Tíbet.
  • ... non son gays?
  • ... Castelao era nacionalista (galego) e pai da patria e iso non llo perdoan os reaccionarios de dentro do PP?
  • ... en serio sí son gais?
  • ... Cuevillas pode tocarse o nariz co seu aparello xenital?
  • ... todos os membros do grupo odian a Aznar e a Felipe González?
  • ... Pepiño Blanco tentou contratalos pra que lle fixeran música ambiental na limusina?
  • ... Feijóo sempre leva na feijooneta unha cinta deles, pero cando cruza o Padornelo a cambia inmediatamente por unha dos Beatles?
  • ... teñen prohibido entrar en Cantabria por decirlles que a súa cultura propia foi inventada polo showman Miguel Ángel Revilla?
  • ... a Castelao non lle gusta que o relacionen co cine agora que está nunha banda pra que a xente non pense que a súa musica é tan mala como os seus filmes?
  • ... coméntase que as letras excesivamente orientais da primeira fase de Risco eran porque estaba namorado de Karl Haushofer? Que tras visitar Alemaña namorou perdidamente de Adolfiña Hitler?
  • ... Cuevillas levaba un calzón de castidade porque súa nai tiña informes (que eran gais vamos) de seus amigos de Nós? Que se tentou desfacer del embebedándose e só o logrou tras contratar unha puta orixinaria de Carballo (A Coruña)?
  • ... Otero Pedrayo tiña múltiples persoalidades e por iso escribiu a grande canción suerorgásmica de "Arredor de sí?" e que nunca visitou un comecocos e morreu cordo?
  • ... Risco lle roubou o peiteado a Primo de Rivera?
  • ... antes de ir de xira sacrifican un porco sobre as pedras de Dombate?
  • ... Oteropedrayo tivo algúns encontronazos coa lei por ir conducindo o seu cabalo bébedo por Cudeiro onde atopou unha chinesa á que raptou pra presentarlla a Risco?
  • ... teñen un record guinness por modernizar a literatura galega?

Mensaxes subliminares[editar]

Como daquela Galicia estaa chea de paletos e románticos bobos o grupo Nós quixo modernizar á xentalla e meteu mensaxes subliminais nos seus discos:

  • Frase: "Nós os inadaptados"
  • * Traducción subliminal: "sácate as bargas e imos a esa mesa carballeira moza"

  • Frase: "Arredor de sí"
  • * Traducción subliminal: "Vota a partidos nacionalistas galegos"

  • Frase: "ascendeu de porco a marrán"
  • * Traducción subliminal: "Vamos detrás desas silveiras moza"

  • Frase: "Licor do negro café que lle pudera decir nome"
  • * Traducción subliminal: "Viva a Unión Europea, pero a ben entendida"

  • Frase: "Galica es una mierda"
  • * Traducción subliminal: "Galiza ceive poder popular"

  • Frase: "De correctione rusticorum"
  • * Traducción subliminal: "Eu gosto de mamar dos peitos das mozas"

  • Frase: "Os erros son a antesala dos descubrimentos"
  • * Traducción subliminal: "Morte ós románticos viva James Joyce!!"

  • Frase: "Saúde e terra"
  • * Traducción subliminal: "Libertemos Galiza do xugo capitalista"

Discografía da Xeración Nós[editar]

  • Around the si: disco de rock psicofonista con reminicencias de pagan metal e modernismo onde cantan á mocidade, os bonitos que son os pastos despois de chover, ó cheiro auténtico das nubes (de ENCE), como levarse ben co cacique...
  • Europeos en Abrantes: aquí Risco tivo carta branca pra xogar cos efectos de eco na súa flauta traveseira e os tambores tibetanos, hai unha lenda urbá que afirma que si escoitas este disco de forma repetida comoa un mantra acabarás por entrar no Nirvana. Conta con temas bastante pedantes como "Rubén fíxome un Darío", "Gaitas celtas no solpor de Teixido" e a pior de todas "porcos en pé!".
  • Catálogo de costras: neste Lp xúntanse varias colaboracións que tivo Cuevillas (co Xocas, Benchoshey, etc) e é unha obra coral onde se versionan temas posthalltáticos e se reanima a tese atlantista do folk metal con grandes baladas: "Gaitas ó amencer sobre as murallas", "Portas do Lethes", "Camalo de Briteiros", "Non quero necrópoles" e o mais millor "Bandua en Lámbrica".
  • Odiseo: neste disco Oteropedrayo e Cuevillas levaron a voz cantante sobre as pedanterías de Risco e mistúrase os ambientes neboentos de Pimentel coa euforia de Castelao co seu vocoder e un sintetizador de 4 pistas que leva a alturas tales como "God save to Fraga", por nonfalar da incomparable "Portugal capital Vigo" e "Rutas de estano", aínda que "Navegando cara cassitérides" e "Ouevade naves de Tarshis!" non desmerecen no disco.