Xinzo de Limia

De Desgalipedia
Xinzo de Limia
Situación
Situacion Xinzo de Limia.PNG
Xentilicio[1] xincador
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca Verín
Poboación pepes hab. (2019)
Área {{{superficie}}} km²
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Entidades de poboación {{{entidades}}}
Capital do concello {{{capital}}}
Política ({{{elec ano}}})
Alcalde ({{{partido}}})
Concelleiros BNG: {{{bng}}}
PPdeG: {{{pp}}}
PSdeG-PSOE: {{{psg-psoe}}}
Outros: {{{outros}}}
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Xinzo de Limia actualmente son catro casas chantadas sobre un montón de lama que aproveitan para facer estatuas kilométricas e logo venderllas a algún dictador oriental.

Historia[editar]

Un labrego indo recoller a colleita.

Xinzo foi fundado por Diego Xelmírez, o rei bispo, para poder almorzar todos os días troitas da Lagoa de Antela, trala independencia de Portugal de Galicia, o rei de Portugal tentou facere dono deste terra e da de Tui pero debido ós aires pestilentes dos montóns de esterco dos labregos de Xinzo seguí sendo independente. Durante o Antigo Réxime as augas asulagaron a cidade e só quedou a aldea que hoxe vemos. Xa na Guerra de Independencia española os de Xinzo víronse envoltos na guerra ó quere o exército francés cruzar pr estas terras cara Verín e Portugal, dándoselle batalla ó gabacho desde as alturas co resultado de 50 mortos galegos o 23 de febreiro de 1809 na súa loita para que o exército francés non lle levase os xatos.

En tempos da IIª República Española, aproveitouse as súas terras lamacentas para transformalas en campos de cultivo, o que fixo que miles de labregos galegos e irlandeses (¿?) non morrera de fame grazas ó cultvo intensivo das patacas, pero con Francisco Franco no poder fíxoaa desecar para que os galegos morresen de fame e emigrasen a invadir Alemaña e Francia.

Xeografía[editar]

Clima[editar]

Telecinco españolista maledicendo a Xinzo de Limia.

O clima de Xinzo é tropical, a alde está formada por longas avenidas con palmearais e un paseo marítimo baixo o mirar das grandes montañas que arrodean este verxel, a súa población multiplicase cada febreiro debido ó seu benigno clima tropical.

Patrimonio[editar]

Soldados romanos invadindo Forum Limicorum a partir do Triángulo da Porqueira.
  • Triángulo da Porqueira: o triángulo das bermudas galego, formado por tres castelos medievais que fan que Xinzo viaxe no tempo cara o Século I a. de C. e sexa invadido por tropas romanas.
  • Lagoa Antela: a lagoa máis grande do Norte de España, actualmente baixo terra por unha maldición que lle botou Merlín.
  • Cidade asulagada de Antioquía: cidade da Idade do Bronce asulagada polo cambio climático do ano 34.000 A. de C., este cambio climático foi provocado pola industria siderúrxica do Bronce Atlántico.
  • Festa romana: na cal se celebra que as lexións rumanas invadiran Galicia para enchela de xitanos.
  • Festa da Amizade: onde e xuntan os de Xinzo de Limia e Verín para confraternizar e tentar que Galicia do Sur deixe de estar oprimida por Portugal; debido á inimizade entre ambas localidades dito proxecto aínda se atopa en borrador desde fai 500 anos. Moitos portugueses tentaron facela con elas, irmandando á vilda de Chaves, por iso da historia común, Hidacio e demais pero como os limiaos se vían demasiado españois ao final tampouco se fixo.

Relixión[editar]

ESta parte da provincia de Ourense sempre foi moi relixiosa, xa os castrexos Límicos tiñan aquí seus templos, pois crían que a lagoa era unha das portas ao alén e deixaban ofrendas como as Hallstaat e os sedentes da Limia. Durante a Idade Media pertenceron ós bispado de Chaves (Portugal ou Galicia do Sur) ata que veu Afonso Henriques a a foder.

Na Limia existía unha familia de sete santos, veciños entre eles: San Adrián de Zapeaus, Santa Cristina das Maus, San Martiño de Candás, Santa Marta de Ortigueira, San Andrés de Guillamil, San Pedro de Sabariz e San Xoán de Reiriz; eran todos irmáns e protexían a Veiga contra das enfermidades, do mal tempo e mesmo explusaron ós franceses napoleónicos mais debido a unha prohibición do bispo Temiño nos anos 50 desapareceron e desde entón o prezo da pataca caeu en picado.

Desgalería de imaxes de Xinzo de Limia[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xinzo de Limia.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Limia
Comarca da Limia
Baltar
Baltar
Os Blancos
Os Blancos
Calvos de Randín
Calvos de Randín
Porqueira
Porqueira
Rairiz de Veiga
Rairiz de Veiga
Escudo de Sandias.jpg
Sandiás
Sarreaus
Sarreaus
Escudo de Trasmiras.jpg
Trasmiras
Vilar de Barrio
Vilar de Barrio
Non temos escudo
Vilar de Santos
Xinzo de Limia
Xinzo de Limia
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo