Xograr

De Desgalipedia
Xograr
Lute xograr e Honi.jpg
Información
Editorial Fundación Barrié
Data de aparición Martín Codax.
Creador do oficio Idade Media.
Alianzas Señores feudais e labregos.
Compañeiros soldadeiras.
Alias espía.
Parentes soldadeiras
Poderes Cantar miles de poesías sen esquecer nada.
Un xograr espiando na praza do burgo dun señor feudal enemigo.

O Xograr era un artista multiinstrumental e bisexual que se adicaba a entreter á xente, propagar calumnias e espiar durante a Idade Media.

Historia[editar]

O oficio xurdiu trala caída do Imperio Romano, ó non haber xa mais xogos olímpicos, nin gladiadores nin histrións nin teatro, a Igrexa católica copiou o invento pra comerlles a cabeza ós labregos pagáns facendo representacións pseudoteatrais das vidas de santos e dos superpoderes que podías obter se te facias fan do cristianismo.

O invento gustou e os señores feudais, sobre todo os reis, comezaron usar a estes profesionais da diversión pra propagar caluminas contra os seus inimigos e baróns e duques malos vasalos, facéndolles memorizar enormes textos poéticos sobre as aventuras dos seus antergos, sobre funcionarios que eran exemplo de conducta (O Cid) ou como se debían comportar os vasalos. despois enviaban polos camiños do reino ó xograr, sobre todo a zonas de fronteira, e facían o traballo suxo dos medios de comunicación actuais levando noticias, novas, propagando aventuras épicas, contos, historias e de paso espiando pro seu señor, facendo listas negras de malos vasalos e tomando nota do comportamento bélico dos señores de fronteira.

Características[editar]

Os xograres dividíanse en varias poses:

  • Acróbatas: facían figuras co seu corpo, tragaban espadas, lume, penes, etc
  • Músicos: aquí había dous esclafóns:
    • Músicos de corda: que sabían tocar violas, violíns, sitar,etc
    • Músicos de evento e percusión: o escalón mais baixo e que calquera podía facer, soplar a flauta, tocar tambores, pandeiros,cu...
  • Xograr culto: este sabía ler e andaba sempre cerca na corte e nos pazos, dándosede de Trobador e que si sabía tódalas cantigas vidas de Occitania e os conceptos clave do amor cortés. Como sabían escribir e ler trataron de compro algunha cantiga, como Martín Codax, pra cantar ó mar e insultar a outros compañeiros de profesión.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: ContacontosCita2.png
Google sobre Xograr

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xograr.