Xosé Manuel Beiras

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Xosé Manuel Beiras e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!
Como ser divertido e non só idiota.
Trunhez.jpg


Xosé Manuel Beiras
Beiras.jpg
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado
Datos persoais
Organización Hoxe:
ANOVA-Irmandade Nacionalista (2012-actualidade)
Anteriormente:
BNG (1982-2012)
PSG
Profesión Político, economista e escritor

Cita1.pngQuizais quixo dicir: AsterixCita2.png
Google sobre Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Beiras é un mestre e político galego de finais do século XX e principios do XXI.

Autobiografía[editar]

Fillo de políticos represaliados por Francisco Franco que querían dar a misa en galego, Beiras jr. foi formado no nacionalismo burgués, pero él mudou a súa traxectoria grazas á dinámica histórica de mediados do século XX, xa que estivo en París (Francia) onde colleu varias enfermidades, como a do existencialismo, o marxismo e a literatura (éste última unha das mortais de necesidá).

Ao voltar á Galicia, Beiras viu que en realidde non era o IV Reich Galaico que seu pai lle dixera, así que fíxose científico e acadou a cátedra de estrutura económica na USC, xa alí deu en anlisar porfondamente Galiza, chegando a ver que Galicia era unha colonia interior do imperio de España, en detreimento doutras colonias españolas, xa que de Galicia se extraían grandes materias primas como o wolfram, camareiros, criadas, ouro, millo, madeira (que os madereiros malvendían pra facer papel), obreiros, mariñeiros, auga e enerxía eléctrica dos encoros.

Tras saber que Galicia era unha colonia interior do imperio de Madrid, fundou un partido nacionalista tipo liberdade nacional co fin de facer de Galicia un país autónomo, grande e rico pra non ter que emigrar ninguén (o que Manuel Fraga chamou a Baviera española, pero con retintín xa que se refería á ideoloxía conservadora dos galegos e non á prosperidade desa rexión de Alemaña); e rematou por saír o BNG.

Beiras negociando con Manuel Fraga pra que os medios de comunicación deixen de decir que os do BNG son de ETA.

Dentro do BNG coexistían diversas tendencias, e cada vez que había un congreso perdían xente que formaban novos partidos nacionalistas que remataban por morrer sen que ninguén se enteirase. O BNG conseguiu grazas á figura famosa de Beiras co seu zapato coller votos e chegar ao parlamento, até que viu Anxo Quintana (que quería liderar o movemento de liberaçom galaica) e confabulou pra porse él de number one na lista electoral conseguendo grazas a él tocar o oder e crear o Bipartito galego.

Tralos erros cometidos polo bipartito Alberto Núñez Feijóo voltou co PP ao poder da Xunta de Galicia, o BNG foi o único partido que fixo un novo congreso pra ver os erros cometidos e remataron por escindírselle varias ramas tras negociacións fallidas (o típico, a ver quen ocupaba cargos na mesa nacional, ou sexa o comité que manda no BNG), entre elas os Mariachis de Beiras, que fundou Anova Irmandade Nacionalista.

As diferencias de tácticas e estilos aumentaron aínda mais cos receos contra a UPG, que remataría provocando un golpe de estado Xelmiriano polo Upegallo máximus ous ido dixo Bieiras, que tamén tenta recuperar o liderazgo do nacionalismo galego pero vai á deriva entre varias secesións e non consegue facerse co botín do naufragado partido bloqueiro polo que irá á deriva durante meses ata que consegue subirse a unha alianza que el vé como unha táboa de salvación (EU), pero que só conseguirá que o afunda aínda mais a pesares do espexismo da ganacia electoral, que cedo quedará no esquecemento para dar paso a Podemos.

Coa crise de goberno que estaba tendo Feijóo e vendo que a oposición andaba desnortada, Freijolito aproveitou e organizou as eleccións autonómicas antes de tempo pra non desgastarse e perder votos, Beiras e os seus mariachis tentaron facerse con mais militantes bloqueiros, vendo que non lles daba tempo tentaron arexuntarse co BNG, pero a UPG non cedeu e as outras faccións nacionalistas o vían como unha vedette e un maporrero do PP. Así que finalmente Beiras xuntouse con varios nacionalistas (Encontro Irmandiño, Anova, irmandade Nacionalista) marxistas (Esquerda Unida Galicia) e abrazaárbores (Equo Galicia, espazo ecosocialista galego) nun intento de facer unha Syziriya galega, como cando os verdes e socialistas gobernaran Alemaña con Gerhard Schröder. Tralas eleccións a coalición marxistanacionalista (típico cóctel dos 70) chegou a ser a 3º forza política de Galicia (pasando por riba do BNG), e actualmente os mozos van tras del xa que o ven coma alguén que di as cousas claras contra da partitocracia, mentres os vellos pensan que é un rebuldeiro sen sentidiño.

Con Alberte Núñez Feixóo protagonizou moitos números musicais.

Como líder da oposición nacionalista galega protagonizou varios autos teatrais que nin Bertolt Brecht (a quen traduciu):