Xosé Rodríguez González

De Desgalipedia


Joseph Roderik Gonzaliz
Información
Nacemento 25 de outubro de 1770
Bermés, Lalín, Lalin Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 30 de setembro de 1824
Santiago de Compostela, Bandeira de Galicia.jpg Galicia

Coñecido como o matemático de Bermés Xosé Rodríguez González foi un científico galego de cando o Antigo Réxime.

Vida[editar]

Xosé Rodríguez González naceu en Bermés, Lalín no século XVIII no seo dunha familia de labregos precapitalistas, que grazas á axuda da estrutura clánica da familia galega foi estudar frikismo a Monforte de Lemos, onde coñeceu a Harry Potter, co cal tivo aventuras sexuais e lle meteuencuou a curiosidade pola ciencia.

Tras rematar seus estudos en Monforte conseguiu que seus pais o enviasen a estudar á USC, onde aprendeu a facer botellón i editar videos de hip hop (non se fixo da Tuna porque daquela aínda non existía nin a permitían). Alí logrou obter a cátedra de matemáticas tras arrastrarse por moitos despachos e lamber moito cu e parcticar o francés, lingua franca da política daqueles tempos. Debido a que a súa cátedra estaba moi illada logrou que os conegos o enviasen por Europa adiante a espiar outros reinos e obter tecnoloxía para que o Imperio Español conseguise a sobrevivir á rivalidade de Francia e do Reino Unido.

Para iso Rodríguez González foi a París, a capital do mundo naquel século, alí conseguiu amigar con Pierre Simon Laplace e outros matemáticos. Foi polo mundo adiante da man de François Arago para triangular ben o meridiano de Dunkerke-Bar Celona, para saber se astorrijas deste bar eran boas ou das que se lle pegan as moscas. Como aquilo lle abriu o apetito e na universidade de Santiago de Compostela estaban mais interesados na medicina e na teoloxía, subiuse de poliuzón a un barco. Como Rodríguez González estaba con tan boa sorte que resultou non ser de guerra e así foi co capitán James Cook polo Pacífico adiante facendo medicións de tódolos cus e carallos dos nativos e indíxenas, para que a Coroa británica decidira onde montar algunha colonia de británicos gays así como onde enviar convenantes traidores. Cando Rodríguez González conseguiu regresar ao continente co se currículo vitae tan medrado conseguiu un postiño de mestre na universidade de Gotinga, onde andivo en orxías con Inmanuel Kant. Nese lugar foi contactado polo KGB, que lle ofreceu un posto de mestre na universidade de San Pedroburgo, pero el rexeitouno cando soubo que era unha cidade sobre unha lamaceira e facía moito frío e apenas había vodka porque so bebían os popes todo, así como as putas eran para eles.

Cando Rodríguez González quixo regresar a España tivo que pasar por un filtro e varios testes de antireformismo da Inquisición española, tras pasar ese filtro tivo que pasara polo filtro do CNI, non fora ser que trouxera algún libro de filosofía antiabsolutista. Tras pasar todos os filtros déronlle finalmente un posto no Museo de Ciencias Naturales, onde creou a sección de mineraloxía, para tentar saber onde estaban os pozos de petróleo españois e reconvertir o Imperio Español nalgo mais duradeiro. Tras fracasar Rodríguez González pasou a ser director do centro astronómico de Madrid, onde logrou describir os movementos de estrelas como a de Penélope Cruz e Javier Bardem.

Durante a Guerra de Independencia española Rodríguez González participou como guerrilleiro, manexando comandos contra Napoleón Bonaparte logo seu saber foi empregado pola Xunta central de rebeldes ao Imperio Francés facendo un mapa exacto do reino de España e conseguindo un sistema de pesas e medidas mais exacta co metro, pero todas estas medidadas foron desfeitas por Fernando VII e noso heroe foi marxinado e acusado de afrancesado.