Xulio César

De Desgalipedia
Vexilloid of the Roman Empire.png ROMANI ITE DOMVM!!!
HÆC ARTICVLVS ROMANVM EST. LATIM LOQVÆBITVR.
NON INTERLEGIT? HVMORIS CALLAECIVS NON EST. MVITISSIMVS GRACIOSVS!!!
SED PENIS MEAM VADE MAMARE! VADE FŒDERE CVM PORRIBVS NOSTRVM.

Caio Xulio César
Xulio cesar.gif
{{{descrición}}}
Información
Data de nacemento Probablemente no séc. I A. de C. Exactamente o 13 de xullo do 100 a.C.
Lugar de nacemento Roma, Bandeira de Italia.png Italia
Data de falecemento 15 de marzo do 44 a.C.
Lugar de falecemento Roma, Bandeira de Italia.png Italia
Nacionalidade Italiano.
Profesión Invadir países veciños coa excusa de seren unha ameaza pra Roma.
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}

Cita1.pngQuizais quixo dicir: George W BushCita2.png
Google sobre Xulio César

Gaius Julius Caesar, mais coñecido como Xulio César, ditador romano.

Traxectoria[editar]

Fillo dunha familia rica e amestrado por gregos tivo unha xuventude viciosa patrocinando botellóns, logo meteuse nas Nuevas Generaciones do PP e para gañar votos da plebe organizaba mitíns acompañados de comidas e enchentas millonarias, grazas á súa familia consegiu un enchufe no goberno da República romana, que daquela atopábase nunha situación cuase violenta debido á inimizade entre o PP e o PSOE.

Grazas aos novos cargos conseguidos colleu fama, poder e cartiños que lle serveron pra atemperar o conflicto da república romana, facendo que todo o poder se repartise entre tres persoas: Pompeio, Craso e él mesmo.

O equilibrio durou grazas a que ían os tres ás mesmas orxías e sempre aparecían o memso número de veces na TVG, pero Xulio César quería todo pra él e implantou novas leis que facían que a xente o quixera pero que á longa levaron á república ó colapso financieiro de tantas terras como él regalou; aparte diso a rivalidade de César contra Pompeio medrou trala morte do outro socio, Craso, e trala morte da muller de César, que era a filla de Pompeio, así César fíxose conceder o goberno da Francia conquistada, e como quería mais escravos e cartos fixo organizou un atentado terrorista contra él mesmo e logo con esa excusa invadiu o que quedaba de Francia, e logo Bélxica e Holanda.

Con todo o botín que lle roubarar aos celtas e xermanos voltou a Roma para obter todo o poder,pero o Parlamento Román quixo impedirllo e fixo que Pompeio organizara unha contramanifestación e ordeou a César que non disolvera o seu exército, pero éste colleu e entrou en Italia e comezou a guerra civil de tres anos invadindo Italia e Hispania.

Neste contexto de guerra civil romana é cando Galicia é ramatada de conquistar, grazas aos mercenarios galaicos César consegue vencer a Pompeio, para que todos estivesen contentos subornou aos romanos que quedaban, fíxose ditador de Roma,reduciu o Senado a só unha institución de consulta e botouse enriba centos de títulos e cargos públicos para enganar aos romanos e seguiran pensando que eran libres cando en realidade vivían baixo unha ditadura militar populista (tipo Fidel Castro ou Francisco Franco).

Menos mal que varios homes honrados colleron e o asasinaron no ano 44 A.C.

Galicia conquistada por César[editar]

No século I AC Galicia era un conglomerado de tribos galaicas coa súa propia dinámica interna pero sen compor un estado homoxéneo pero con contactos co exterior (xa que foran como mercenarios dos Cartaxinenses); nesta época os xenerais Quinto Servilio Cepión traba contacto coa Galicia do Sur e Décimo Xunio Bruto Galaico para castigar ás tribos castrexas que lle facían razzias subiu cara o Norte, chegando ata o Río Miño ou Baínis.

Durante a guerra civil romana de César contra Pompeio, Xulio sácalle Hispania aos pompeianos, e conquista case toda Galicia, chegando até Acruña, á que invade por mar, e en Vigo asalta ás illas Cíes tras perseguir a uns guerreiros galaicos que fuxiran a nado desde Baiona ás illas estelas (Nigrán).

A conquista total de Galicia sería tralas Guerras Cántabras e Astures.

V  C  E h
Imperio Romano

Segue a:
República Romana
Xulio César
Precede a:
Octavio Augusto
Dinastía Xulio-Claudia