Xunta de Galicia

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunta de Galicia (homónimos).
      Ups! Quizais vostede non estarás buscando por A Xunta de Feijóo?


Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.
Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no pazo de Raxoi, compartida co Concello de Santiago de Compostela.

A Xunta de Galiza, ou Goberno Federal Galiziense, é o supremo órgano de poder do Estado Español sobre Galicia.

Orixe[editar]

Xerardo Albor, primeiro señor da Xunta de Galicia.

A súa orixe data da Idade Media cando se lle daba este nome ó Parlamento ou congreso dos conselleiros de El-Rei, para logo ir transformándose nun mero título honorífico que só servía pra colocar no currículo dos aristócratas e demais parásitos do Antigo Réxime cos goberno dos Reis Católicos e durante toda a Idade Moderna; nembagantes debido ó baleiro de poder provocado pola rebelión popular do 2 de Maio contra da invasión de Napoleón formáronse gobernos revolucionarios e patriotas co nome de "Xunta", formada por diferentes representantes de tódolos habitantes e formándose tamén Xuntas a nivel provincial e comarcal pra mellor derrotar ao exército francés.

Co alzamanento de Solís tamén se autoproclama unha Xunta de Galicia (que o primeiro que fai é anular ás Diputacións provinciais), logo en 1936 coa IIª República Española volta refundarse ata que veñen os feixistas.

Trala dictadura de Francisco Franco e debido á presión popular formáronse cogobernos no que se deu en chamara Comunidades autónomas, no que antes foran as provincias de España, e cada unha delas formouse un co goberno con Madrid chamado Xunta, Chunta ou Junta de... Madrid, Galicia, Euskadi, Catalunya, Asturies, etc.

Historia[editar]

A Xunta de Galicia foi fundada por Prisciliano para defender a Galicia, logo proclamou eleccións no alto do Pico Sacro, sobre a tumba da Raíña Lupa formando a Xunta preautonómica baixo control de UCD (con Antonio Rosón e Xosé Quiroga); as primeiras ereccións gañounas Albor grazas á pílula azul, ata que o seu vicepresidente lle meteu unha moción de censura, logo veu Laxe ata que Manuel Fraga dicidiu que mandar en Madrid era demasiado pra él e veuse pra Galicia a mandar mentres se xubilaba.

Actualmente a Xunta atópase ameazada polos abusos, os feixistas, os centralistas, UPyD (que sen embargo preséntanse ás eleccións autonómicas), PP e o McDonalds.

Competencias[editar]

Chámanselle competencias da Xunta a aquelas leis que a Xunta pode facer sen ter que pedirlle permiso a Madrid, e que na actualiadade son:

  • Decir que é galego auténtico e que non (debido a iso son moi amados dos Reintegratase dos labregos).
  • Organizar o goberno interior, quen manda nas Diputacións, que si te presenta a alcalde deste quinto pino logo che dou un carguiño na próxima lexislatura ou un sobre branco ben gordo...
  • Dar permiso de obras na costa e montaña pra tapar o paisaxe, que é moi feo...
  • Facer e refacer o dereito consetuedinario galego.
  • Facer Obras Públicas, e si hai un castro en medio do camiño que o arrasen, pero que o arrasen arrasado eh?
  • Vender a enerxía eléctrica dos encoros e muíños eólicos a multinacionais imperialistas.
  • Asistencia aos vellos pra que poidan seguir vivos e votar.
  • Retardar a creazón dunha policía autonómica.
  • Desnormas sobre a protección do Medio Ambiente.

Ubicación[editar]

  • Centros administrativos: tumba de Prisciliano.
  • Capitalidade: Acruña.
  • Residencia do presi: Monte Pío.
  • Residencia da Xunta: Pazo de Raxoi ou dos Raxós (polo dos porcos).
60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xunta de Galicia.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]