Yggdrasil

De Desgalipedia
Yggdrasil, unindo todos os mundos, era moi grande.

Yggdrasil é a árbore do mundo na mitoloxía nórdica, un freixo xigantesco no que están os sete mundos que existen. É unha árbore inmensa, da familia dos xigantes, e podería producir máis madeira que en toda a historia desta humanidade, a humanidade do espazo alternativo e do Universo Marvel.

Xeografía[editar]

Cita1.pngComo demo é unha árbore que terá xeografía?Cita2.png
Vostede sobre a xeografía dunha árbore.

Localizada no centro do universo ligaba os nove mundos da cosmoloxía nórdica, cuxas raíces máis profundas están situadas no seu cu en Niflheim, fincaban os mundos subterráneos; o tronco era Midgard, ou sexa, o mundo material dos homes; a parte máis alta, que se dicía tocar o Sol e a Lúa, chamábase Asgard (a cidade dourada), a terra dos deuses, e Valhala, o local onde os guerreiros viquingos eran recibidos por virxes espidas após teren morrido, con honra, en batalla.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Yggdrasil.

Outros artigos[editar]