Yoni Mediogramo

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Yoni Mediogramo.
YONIMEDIOGRAMO.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XX D. de C.
Ferrol Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación galego.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Pete DohertyCita2.png
Google sobre Yoni Mediogramo

Yoni Mediogramo é o yonki mais famoso da Galicia, aínda que sen sobrepasar a Xosé Tojeiro nin a Manuel Fraga.

Autobiografía[editar]

Yoni Mediogramo contanco chistes a Alberto Núñez Feijóo e a un comerciante de fariña.

Nacido como Juan Ramón Jiménez Araujo Novás no barrio de esteiro en A Coruña, seus pais eran uns culturetas que lle puxeron o nome do grande poeta espanyol pra ver si lles saía un fillo tan intelectual coma él, mais como non o enviaron a ningunha academia de arte cando neno perderon a oportunidade e só lles saiu artista sendo adolescente, sendo uns dos primeiros grafitreiros do Noroeste espanhol cando nos 80 taqueaba por toda Coruvigo co seu alias "Xaut".

Mais esta actividade parartística non lle daba pra comer, pero si pra colocarse cos gases do aerosol, asi que foise buscar a vida pola súa cidade pra gañarse unhas perrillas, tentou ser estibador (descargante de mercancías dos barcos) mais como tiña pouco lombo non agunatou nin dous minutos e fuxiu cara Lañobre, onde tentou entrar na industria gráfica como deseñador gráfico, alí grazas ó seu amigo Kochinke traballou durante uns meses nunha imprenta deseñando cartaces e catálogos pras inmobiliarias, debido a que cando entrou él comezou a desaparacer a tinta das impresoras os seus xefes relacionaron ambos feitos (desaparición de tóners e entrada do novo empregado) e o botaron fóra tras ver como esnifaba tinta debaixo da estatua de María Pita.

Vagando pola rúa bateu cun vello coñecido seu, que fundara unha empresa de traducción tras pasar pola Universidade da Coruña (onde fora activista reintegrata soberanista) e como necesitaba ampliar a súa plantiña de traballadores pra recibir unha subvención de España asi que secuestrou a Johnny Halfgram e o anotou na seguridade social como seu traballador, mais despois pagáballe coma se fose un becario e con contrato de aprendiz, alí Mediogramo aprendeu a fina arte de trasladar textos á límpida linguaxe cervantina sen ter nin idea de outros idiomas que do Koruño, mais grazas á súa sensibilidade poética urbá, ter contactos lixérsicos e abusar do traductor de Google mandou ó prelo grandes obras da literatura clásica universal (si, incluso en lingua Klingon) e inventado grandes xéneros literarios que terían éxito só anos despois, como o erótico-fantástico-paranormal-histórico dos cales non viu nin un só patacón de beneficio.

Tras enlearse demais coa traducción da novela "Os dous de sempre" de Castelao caeu nunha depresión que o levou a deixar o hachís pola heroína, nun intento de aumentar a súa moral, isto causoulle tantas baixas laborais, aparte de que se transformara no camello de todos os seus compañeiros cos que se sacaba un porcentaxe na comisión do trapicheo profisional, asi que foi despedido (pero iso non constou na solicitude de subvención pro seguinte ano recibida do estado español) e Yoni Mediogramo voltou á rúa.

O soño húmido de Yoni Mediogramo.

A partir deste punto só se teñen hipóteses do que lle puido pasar:

  • Según Santiago Pemán (teórico da conspiración): Yoni mediogramo foi "retirado" polo goberno de Alberto Núñez Feijóo xa que daba mala imaxe ó Xacobeo 2075 e sabía demasiadas cousas...
  • Según La Voz de Galicia Yoni Mediogramo morreu nun tiroteo entre bandas de narcotraficantes nunha estrada forestal da Galicia profunda (esa Galicia que está moiiiiiiii looonxe da cidade de La Coruña).
  • Un primo lonxano da miña cuñada afirma telo visto nos camerinos de V Televisión levándolle alpiste do malo a un presentador cómico dela.
  • Fontes non oficiais da FPG (Fronte Popular Galega) afirman que foi detido pola policía acusado de financiar a Resistencia Galega a través do trapicheo, mais como non teñen probas pra encausalo o manteñen preso igual aplicándolle a Lei Antiterrorista.
  • Según Hannah Steller Yoni foi o autro do enlace roto cando traballaba pra unha empresa de informática e dende entón fica enmeigado nun mundo de beats lisérxicos.
  • Según Blanca García Fernández-Albalát Yoni mediogramo sentiu a chamada do deus Bandua, que o uniu á súa fratía de guerreiros castrexos que vagan cal Santa Compaña polas corredoiras de toda Galicia.
  • Según o xornal ABC Yoni Mediogramo tentou afundir a monarquía española a base de dispararlle ao rei e seu herdeiro unha cacerola con pólvora que roubara dos foguetes da festa patronal de tódalas aldeas da Galiza.