Chárvaka

De Desgalipedia
Revisión feita o 12 de xaneiro de 2014 ás 01:52 por Rhubella Marie (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chárvaka.
Charvaka.jpg
Información
Nacemento Probablemente antes que Xesús de Nazareth.
India India
Falecemento cando Breogán naceu.
India India
Nacionalidade India
Ocupación Que penses!!

Chárvaka foi un filósofo indio que inventou o ateísmo antes que nacera Xesús de Nazareth, Deus e Xúpiter.

Vida e obras[editar]

Chárvaka naceu no seo dunha familia rica da India, como era ario tiña enormes privilexios e foi estudar pra cura, pero ao fartarse de tanto texto en sánscrito deixouno e foi estudar pra guerreiro, ao ver de qué se trataba realmente (matar xente) deixouno e meteuse na casa a fumar marihuana e reflexionar sobre o universo.

Tras unhas cantas meditacións intrascendentais e vendo que non trascendía, nin se lle abría ningún chakra por moitos asanas que fixera saíu á rúa a ver se atopaba algún gurú decente, pero andaban todos tentando fuxir deste mundo a base de mendigar, ao ver que morrían igual ca todo o mundo e ao non atopar ningún animal ou pedra que lle parecese unha reencarnación de persoas deu en pensar aínda mais, profundando nun puticlú chegou ao misterio da vida.

Ao descubrilo non se voltou un Buda pero foi patrocinándoo por ahí e consegiu moitos discípulos, inventaron o botellón e estiveron a punto de acabar para sempre con tódalas relixións do mundo, pero debido a que eran a o opio do pobo e a base lexitimadora do Estado interviu a CIA e o KGB e asasinaron a Chárvaka, masacraron a seus discípulos e queimaron os libros que publicara.

Doutrinas[editar]

  • Os seres vivos morren e non hai alén.
  • As putas están pra ir onda elas.
  • As escrituras sagradas son unha trola.
  • A xustiza divina é un conto pra que non fagas a revolución comunista!
  • Os Vedas son mentira e só serven pra que os cregos vivana costa dos demais.
  • Sé feliz que ao mellor mañá estás morto pailán!
  • A relixión só serve ós parasitos sociais (reis e curas) e manter o statu quo.
  • Sivha é un pitufo! Non vedes que é AZUL!!!
  • Se os sacrificios fan que a o sacrificado viaxe ata onda os deuses...porqué non se sacrifica á xente e así chega onda eles?
  • O materialismo vai facer que sexas algúen libre, responsable e un humano dunha puta vez!
  • En vez de facer Igñá (scrificio do lume) hai que facer barbacoas urbanitas do carallo!
  • O Ateísmo faravos libres parias da India! Nada, nin caso... seguen sendo hinduístas e carne de misioneiro occidental.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Chárvaka.

Outros filósofos[editar]