Guanches

De Desgalipedia
Revisión feita o 19 de marzo de 2016 ás 12:34 por Rhubella Marie (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

Os Guanches foron os antigos poboadores das Illas Canarias.

Historia[editar]

Os guanches eran intraterrestres (coma os mouros) que saíron á superficie a través do Teide, colonizaron todas as illas e anexos, como a illa vagamunda de San Brandán. Os guanches expandiron o seu imperio cara Atlántida onde puxeron toda a industria, causando un cambio climático e que ésta desparecese no Atlántico, debido a que tiñan toda a industria e tecnoloxía na Atlántida e nas Canarias só as residencias de ocio quedaron sen cerebros e I+D, polo que cando chegaron aquí os Fenicios só atoparon un pobo primitivo e nada mais. Logo pasou por aquí a expedición do Exipto de Nekao, que lles deixou o costume de erguer pirámides e facer momias, e logo a expedición dos fillos de Breogán que lle deixaron o costume do churrasco.

A finais da Idade Media os godos chegaron aquí e mataron a todo o mundo para ter sitio para construír torres monumentais onde meter turistas que fuxían dos ríxidos costumes de Castela ou dos vagos de Gitaña.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Guanche.

Outros artigos[editar]