Área 51

De Desgalipedia
Iluminati perfil.jpg ATENCIÓN: Este artigo trata sobre unha teoría da conspiración, polo que teña coidado co contido
que está a ler. Lembre que os ataques do 11 de setembro son unha farsa do goberno estadounidense.
Mentres tanto, o exército de EE. UU. está comunicando-se con alieníxenas.
Bake gate area 51.jpg

Área 51 é un dos nomes asignados á área militar restrinxida en algún lugar no deserto de Nevada, próxima ao Groom Lake, Estados Unidos de América. É unha área tan secreta que o goberno norteamericano só admitiu a súa existencia oficial nos 90 tras teóricos da conspiración venderen informacións a Wikileaks e a sagrada Desgalipedia e aínda con moitas restricións.

Historia[editar]

A área 51 foi totalmente desenvolvida por Nikola Tesla e Albert Einstein, decidiron que serviría pra probas nucleares con galegos, pero Einstein dixo que tamén podía servir para crear supersoldados, e así naceu homes salvadores da humanidade como Adolf Hitler e os terminators.

Localización[editar]

Se é unha base secreta porque está escrito que é alí?

Segundo fontes secretas a área 51 é unha área de aproximadamente no Condado de Lincoln, Nevada. Forma parte da Nellis Air Force Range (NAFR). Imaxes de Google Earth (tamén fonte secreta) puideron amosar máis sobre as pistas de aterrizaxe do complexo. A pista de pouso do local foi construída na década de 1990, medindo unha área ben grande para pousar OVNIs

A Área 51 fai divisa co Nevada Test Site (NTS), lugar de probas nucleares. A Montaña Yucca, depósito de lixo nuclear procedente da Planta de enerxía nuclear de Springfield que queda aproximadamente a suroeste do lago Groom Información tamén secreta).

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]

  • Área 6: 36.935859, -116.007812
  • Área 51: 37.238241, -115.809393
  • Área 52: 37.790434, -116.767598