Ártabros

De Desgalipedia
Típicos guerreiros ártabros da Coruferrol.

Os ártabros ou arrotrebas eran unha castrexa que poboaa as actuais Ferrol e A Coruña.

Historia[editar]

Esta tribo eran celtas que proviñan do sur de Portugal e se meteran polo Noroeste adiante pra invadir e rapiñar un pouco, pero ao pasar o Río Limia viraron insumisos e desertaron do exército e indo a parar ás costas de Ferrol e Coru, onde non fixeron nada d eproveito ata que foron conquistados polos romanos e enviados a limpar as letrinas da cidade de Roma por seren pacíficos de mais.

Costumes[editar]

Eran moi cosmopolitas pero ao memso tempo moi paletos e íso crabáballes a conciencia e tiñan moito autodoio, polo que cada vez que pasaba algún estranxeiro por alí o secuestraban e non o deixaban ir até que sabían tódalas súas costumes e llas copiaban alí diante do comerciante pra ver as facían ben.

Como se crían o centro da cultura castrexa proclamaron a todo o mundo que Breogán e despois Melkart-Hércules puxeran alín un faro pra alumear coa luz bendita o mundo das tebrs asoballadoras do arredor, mais o único que conseguiron foi chamar a atención do Imperio Romano, que lles enviou por alí a Xulio César e os conquistou con só ensinarlle un par de traíñas aremos e como ficaron tódolos castrexos do lugar acolloados firmaron en seguida a paze foron escravizados e levados a Roma pra cubrir baixas de escravos barredores mentres repoboaban a zona con chineses.

Relixión[editar]

Como non eran da mesma etnia estes castrexos que o resto de castrexos, daban en adorar a un Cosso, o que averdade sexa dita, non lle traía mais que problemas, asi que ao seren destruídos polos romanos non tiveron mais problemas.

Ártabros famosos[editar]

  • María Pita
  • Augusto Cesar Lendoiro, un ártabro colaboracionista.
  • Francisco Franco.
  • Wenceslao Fernández Flórez, ídem.
  • Francisco Vázquez.

Outros artigos[editar]