Alex DeLarge

De Desgalipedia

Alexander DeLarge é un rapazolo inglés cunhavida tan rara como un can verde.

Traxectoria[editar]

Alex é fillo dunha familia normal nun barrio obreiro un tanto esquecido e suxo pero vamos, normal, o que non é normal é o que Alex fai no seu tempo de ocio cos seus amigos non moi normais, andan de bar en bar meténdose leite con drogas e facendo ultraviolencia porque non saben facer outra cousa? Porque non lles ensinaron outra cousa? Porque non viron outra cousa en casa e na TV? Pois non! pois porque lles dá a real gana a este fillos de puta!

Alex estudou a saber que nalgunha escola de sabe Deus que... a ver, pero este neno estudou algo? Andivo por aí e xuntouse co mellor de cada apartamento, logo puxéronse a facer moitas cousas divertida... para eles vamos! Como mallar en vellos, mallar en vellos borrachos, mallar en vellos escritores,e tc... un dechado de virtudes o neno este si. Finalmente tivo que suicidarse tras escpoitar a Johann Sebastian Mastropiero.