Alicia no país das marabillas

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura


Alicia no país das marabillas
Alice par John Tenniel 25.png
Ilustración de Alicia no país das marabillas.
Título orixinal: Alice's Adventures in Wonderland
Tradutor:
Autor: Lewis Carroll
Ilustrador: John Tenniel
País: United Kingdon Flag.png Reino Unido
Lingua: Inglés
Tema: Historia, xogos matemáticos
Xénero: Narrativa
Editorial: Macmillan
Data publicación: 26 de novembro de 1865
Formato:
Páxinas:


Adaptacións cinematográficas de Disney[editar]

Alicia gorda.jpg

A historia de Alicia comeza no xardín, coas clases de matemáticas que lle dá a súa irmá maior, pero Alicia non lle presta ningunha atención. A rapaza xoga coa súa gatiña Diana e imaxina como sería un mundo creado por ela cando cae durmida. De súpeto, ve un coello branco cunha chaqueta e un reloxo. Aínda que nun principio non lle chama a atención, finalmente sae na súa busca. O coello entra nun tobo, Alicia ségueo e cae nun buraco. Así chega ao País das Marabillas, onde se encontra cunha serie de personaxes moi peculiares: o paxaro Dod, a lebre de marzo e o sombreireiro tolo, unha eiruga que fuma en pipa... e vese involucrada nuns divertidos eventos como unha festa de “non aniversario” ou un partido de críquet coa malvada raíña de corazóns. Finalmente, Alicia esperta ao lado da súa irmá, a que lle di que xa é hora de volver á casa.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]