António de Oliveira Salazar

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Bandeira de Portugal.png Este artigo contén humor de Portugal
Este artigo é portugués, gajo! e o seu creador come cacetinho cum bacallau e viño do Porto na xanta,
gustalle competir inutilidades con España e ten un bigote. Se não és desta terra, aparecerá un fadista no teu ecrã
que che indicará que tes que cantar fado e comer bacallau para comprender este artigo ou estarás irritado contigo, gajo!
Nazifascist.jpg Este artigo foi tomado por feixistas. En Italia e en Alemaña, nós amamos o Feixismo
e exterminamos vostede, seu comunista comedor de nenos!


António de Oliveira Salazar
Salasar.jpg
António Salazar xogando ao trensiño con Franco e Mussolini.
Información
Nacemento 28 de abril de 1889
Vimieiro (Santa Comba Dão), Bandeira de Portugal.png Portugal
Falecemento 27 de xullo de 1970
Lisboa, Bandeira de Portugal.png Portugal
Nacionalidade portugalega
Ocupación Dictador
Cita1.pngAínda hoxe o país chora a súa ausencia. A ausencia do home que moito fixo por Portugal! VIVA SALAZAR! VIVA O FASCISMO!Cita2.png
Un portugués sobre Salazar
Cita1.pngSalazar? Salazar Slytherin? O fundador da Sonserina? Eu quero un autografo!!Cita2.png
Lector de Harry Potter sobre Salazar
Cita1.pngVostede será para os supervivintes de Galiza algo menos ca un asasino, será un cómplice de asasinos.Cita2.png
Castelao sobre Salazar
Cita1.pngAsasino? Nunca fixen parte de bandas na miña vida...Cita2.png
Salazar sobre a cita de Castelao

Antonio Salazar, ou Tonho da Manholas Salazar, minsitro e ditador de Portugal, desde os tolos anos 20 ata os tolos anos 70.

Autobiografía[editar]

Salazar ser homenaxeado por un artigo nunha revista de Desgalipedia lusitana. Naquela época era común os tramontinos homenaxear os seus líderes con publicacións libre de contido.

Nado en Vimieiro (Galicia do Sur), sexto fillo dunha familia de labregos escurantistas, como él era o único fillo varón puxeron ás súas irmás a exercer a prostitución pra pagarlle uns bos estudios a Tonhito e que logo él sacase ó resto da familia de pobres; pra lograr ter éxito metérono a crego. Pero estando no seminario fixo malas compañas que o arrastraron á homosexualidade e o cristianismo de base, asi que deixou a Igrexa católica e foi estudar dereito, xa que os dividendos producidos polas súas irmás (que aínda que dúas delas faleceran de sífile e outra de constipado, seguían ficando catro putas mais) llo permitía.

Na facultade foi captado polo Kim Philby, que o levou a xuntarse con marxistas leninistas e fundaron un partido católico, e ponse a escreber artigos na prensa acusando á república de anticlerical, pra ver si así arrapañaba algún voto; mais debido ó golpe de estado do xeneral Gomes da Costa e seus amantes (que gañaron debido a que o goberno republicano cambiaba de posturas cada 5 feiras) António consegueu que os milites o chamaran pra ser ministro de Faltriqueiría, foi así como controlando tódlas finanzas do país fíxose dictador e provocou a crise do ano 2008.

Mentres a oposición democrática se pelexaba entre sí Salazar iva gañando mais prestixio ao conseguir que os portugueses pagaran polo aire que respiraban, e así consegiu saír da crise mundial de 1929; pra obter máis putas fixo dimitir a varios ministros compañeiros e fundar un partido único, O PSUN (Partido Soviético de Unión Nacional).

Salazar consegue ser primer ministro e reforman a prostitución Constitución, facéndoa máis cara e sadomasoquista, no 1933 apróbase e xurde o Estado Novo.

Salazar e o "estado Novo"[editar]

Ditadores rindo.jpg Este artigo trata de represión e ditadura. Entón, debes aceptar o que está escrito
aquí sen dubidar de nada, ou corre o risco desaparecer misteriosamente pola policía.
Con este tipo de armas Salazar fixo a guerra de Ultramar.

Este "estado novo" era en realidade unha dictadura persoal copiando esquemas do Antigo Réxime (sobre todo á hora de facer pazos gubernamentais e manter o imperio colonial), onde sacrifica o individual en favor da comunidade; polo que todos aquiles que vestían de forma excéntrica foron torturados e impuxéronse medidas drásticas:

  • Creou a PIDE, unha gestapo portuguesa pra destruir a democracia en Portugal e que non entraran galegos a liberar Galicia do Sur.
  • Os únicos cortes de pelo permitidos eran: Home, raia ao lado dto., sqdo. ou no medio e tamén peinado lambido de vaca; Muller, cola de cabalo, moño castelán ou trenzas estilo Eva Braun.
  • Tódalas portuguesas deberían deixarse bigote co fin de impedir que Francisco Franco e Hitler invadiran Portugal e ao ver tantos homes se botasen pra atrás.
  • Consolidación da loita de clases: baixando os salarios e dereitos laborais e poñendo a algún PIDE a ver quen protestaba.
  • Mandou matar aos reis da casa de Braganza, e aos que xa había momificados no Mosteiro de São Vicente de Fora foron convertidos en esterco pra vender a Inglaterra.
  • Fixo que a economía de Portugal fora autárquica nun mundo xa globalizándose, e só exportaban alcornoques e portugueses a Bélxica e Francia.
  • Provocou 14 anos de guerra de Ultramar Angola, Guinea-Bisáu e Mozambique, ata que os militares fartos del lle deron un golpe de estado e fundaron a actual república xunto cos opositores ao réxime.
  • Venda das illas Azores á OTAN.
  • Non se podía ir a reunións de mais de 5 persoas na rúa, asi que se ivas a un botellón rematabas nas prisións da PIDE (as de Caxias, Porto, Peniche, do Aljube) ou te levan ao campo da morte de Tarrafal (Cabo verde).

Milleiros de portugueses fuxiron á Francia pra poder ver pornografía e ir de putas (sen bigote), outros aproveitaron que os chamaban a filas e desertaban e de paso secuestraban un barco cruceiro dos do DRIL. Debido a que había un só partido fixéronse asociacións clandestinas pra poder facer mais cousas (como debatir sobre alternativas democráticas, sistemas de goberno asembleario, como progresar sen depender de Inglaterra ou dos USA, como ser rico sen emigrar á Francia, formas clandestinas de depilarse o bigode,etc) mais todas estas asociacións e sindicatos que ían por libre eran perseguidas polo goberno que enviaba auns cantos guardinhas coas escopetas e asunto resolto, si quedaba algún supervivinte llo levaban a PIDE pra que preguntaran que pasara.

Salazar e os conflicto bélicos[editar]

Salazar facendose Salvador da Patria portuguesa.

Debido ó seu carácter antisoviético aliouse con Francisco Franco (pra que non lle invadise Portugal) durante a Guerra Civil Española e a II Guerra Mundial, fíxolle a pelota tantos aos nazis como aos Anglosaxóns, conseguindo que na Guerra Fría o meteran na OTAN, conseguindo mais puntos conforme aumentaba o seu número de presos políticos, perdendo toda a súa melé coa Guerra do Ultramar, xa que mentres o seu goberno quería manter a todo custe as súas colonias o resto de imperios occidentais as deixaban ir por libre, asi que salazar foi isolado e segiu enviando portugueses a Angola pra que os africanos puideran comer carne ó espeto e non perder as súas riquísimas tradicións culinarias.


Muerteenllamas.gif António de Oliveira Salazar xa morreu!!!
Este artigo fala sobre un personaxe que acaba de atoparse coa Santa Compaña,
se non desexas acabar igual a el basta enviar os seus pésames en diñeiro.

Clique aqui pra ver quem te espera no inferno!


Ata que a súa criada do fogar, Chacha Pais Comesaña (natural de Tui), cansou do seu autoritarismo e non limpou a bañeira, cando Tonhito Salazar foi sacarse da bañeira esvalou e deu coa testa nos azulexos Viúva Lamego, que lle provocaron un peido cerebral. Isto fíxoo incompatible co cargo e en 1968 os estudantes revolucionarios o botaron do poder e puxeron no seu lugar a Caetano Veloso Marcelo (que segiu coa dictadura até que os militares descontentos o puxeron mirando pro Brasil). Salazar morreu crindo que aínda seguía mandando en Portugal e foi soterrado no horrocrux de Cuecas (Braga).

Desgalería de imaxes de Salazar[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: António de Oliveira Salazar.

Outros artigos[editar]