Aragorn

De Desgalipedia
Aragorn

Aragorn II.jpg
Aragorn, fillo de Arathorn.

Obra O Señor dos Aneis
Creador(es) J. R. R. Tolkien
Información
Sexo Masculino
Título Rei do Reino Unificado
Familia
Cónxuxe Arwen
Aliados {{{aliados}}}
Inimigos {{{inimigos}}}
Residencia Nómade por gran parte da Terra Media
Cidadela de Minas Tirith


Aragorn era un montuno que chegou a rei.

Vida de Aragorn[editar]

Ascendencia[editar]

Aragorn naceu nalgún lugar do planeta, educouse nunha corte real pero debido a cambios dinásticos marchou á selva onde se converteu en montuno e mudou seu nome polo de "Trancos" xa que tiña varios penes coma troncos pendurados do pescozo coma botín de guerra.

A irmandade do anel[editar]

Gandalf coñeceuno nunha rave de elfos e meteulle ideas raras na cabeza, que si era o rei que os humanos necesitaban en Gondomar e outras parvadas. O que o levaron a confiar no mago gris e lle fixera toda clase de favores sexuais, traéndolle labregas sexys e cousas así ata que Gandalf lle pediu que escoltase a uns hobbits cara a Galicia profunda, onde deería levar certo anel máxico sexual ao Monte de Vista Alegre, fornte á casa do presidente da Deputación Sauron.

Grazas á escolta de Aragorn os hobbits chegaron cerca da fronteira e pasaron a alfándega sen avisar á garda civil orca, alí separouse deles porque no fondo era un covarde e meteuse na guerra civil da Terra Media pola facción liderada por Gandalf para destruir a civilización dos orcos e que a maxia seguise a gobernar o universo. Debido a que un dos reinos humanos non quería entrar en guerra porque eran pacifistas, Gandalf matou ao rei lexítimo e organizou un complot para que Aragorn aparecese como o descendente dun rei anterior que morrera sen fillos así colocouno no trono.

Voda e descendencia[editar]

Non só quedou de rei senón que grazas ao erotismo do heroe mailo do poder conseguiu ligar cunha elfa... morena!!! en realidade era unha orca que pasara pola cirurxía máxica de Gandalf para manipular a todo diós). Tras conseguir que esta elfa deixara a riqueza de seu pai (que ante a vergonza de que súa filliña casara cun montuno fuxiu cara América) foron vivir xuntos ao reino de Gondomar. Onde dera un golpe de estado encuberto e coa axuda militar de Rohan e Gandalf formou unha ditadura. Pero como se aburría en casa trala guerra do anel seguiu facendo terrorismo internacional atacando a países extranseiros (conquistou Cataluña, Valencia e Illas Baleares) mentres súa elfa paría só mulleres. E asi que cando pariu un neno Aragorn sospeitou do seu chanceler pero non dixo nada porque quería que a súa familia herdase o reino. Iso si enviou a seu chanceler a unha embaixada suicida e así vingouse, co paso do tempo e debido a que xa non podía levantar nin unha daga debido a que era un vello decidiu suicidarse ao cumplir os 210 anos e deixar a seu fillo bastardo no trono de Aragón.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Aragorn.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
A Irmandade do Anel
Frodo · Sam · Merri · Pipin · Gandalf · Aragorn · Legolas · Gimli · Boromir