Aristófanes

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura


Aristófanes
[[Ficheiro:Grego.jpg|]]
Información
Nacemento c. 446 a. C., c. 448 a. C., c. 444 a. C. e c. 450 a. C.
Grecia antiga
Falecemento c. 386 a. C., 385 a. C. e post. 380 a. C.
Grecia antiga
Nacionalidade grego
Etnia grega
Ocupación comediógrafo, dramaturgo e poeta

Aristófanes foi un pijo grego metido a dramaturgo que inventou o xesto de " vai tomar polo cú" e as folgas sexuais. Foi amigo de parranda de Esquilo e xuntos mataron a moitos persas mentres folgaban con chavalíns mentres falaban mal de Eurípides.

Autobografía[editar]

Nado na Antiga Grecia en plena época de neoricos, filósofos pedantes, matemáticos presuntuosos, guerreiros gais, etc. A súa familia era rica e tiña capital e escravos, asi que podía facer o que lle saíse do quitón; como non era moi guapo e él quería xincar pencas canto antes decidiu poñerse a coidar a súa mente, e conseguiu que seus pais o enviasen ó MIT da súa época, a academia de Arquelao, onde fixo unha grande amizade con Sócrates e voltaban tódolos días collidos pola man cara as súas casas.

Mais quixeron os deuses olímpicos que a nai de Aristófanes namorara de Sócrates, tras amosarlle éste que estaba trabucada no seu concepto da psique no alén, dende entón Aristófanes odiou ó seu amigo Sócrates, deixou a academia e meteuse a soldado na liga de Atenas contra os bárbaros exipcios (xa que descubiran que en Exipto as mulleres eran mellor tratadas que en Grecia e ese exemplo non debía cundir).

Do seu paso pola armada só lle quedou un profundo cinismo e aprendeu mais dos sacerdotes exipcios que dos filósofos gregos, cando voltou a Atenas, tras visitar tódolos bordeis sagrados do Mediterráneo oriental, descubriu que tiña un comezo de sífilis, asi que púxose a escribir comedias teatrais en honor do deus Baco.

Obras[editar]

  • Os babilonios: onde critica que os babilonios entre tanto pantano conseguiran ter un imperio e os gregos con mais cousas só sexan uns piratas miserables con mimireinos e sen imperio.
  • Os Comensais: uns aristócratas teñen por costume reunirse nunha cea onde invitan a cear a algún parvo pra rirse del, ata que un destes parvos coas súas bizarrías consegue destruírllelas súas vidas.
  • As acarnienses: un labrego faise pacifista tras ver que a guerra non consiste en honor, botín e violar estranxeiras.
  • Os cabaleiros: na casa dun terratenente hai un escravo encargado parvo que enfada tanto ós seus compañeiros escravos que éstes buscan unha persoa pra intercambialo, unha vez conseguido ambos candidatos comezan a decir toda clase de barbaridades que van facer, mais ao final todos votan polo segundo candidato que resulta ser o revulsivo pra que a casa do terratenete volte á paz. Trátase dunha obra pra contestar e ridiculizar a un enemigo seu ultrademócrata, xa que é todo unha parábola onde pon ó pobo (Demos) como tonto e inconstante.
  • As nubes: un pai con débidas envía ó seu fillo ó "Pensadeiro" de Sócrates pra que aprenda a defendelo no xuízo cos acredores, mais ao final ten que ir él mesmo pero como vai vello ao final non se lembra de tódolos sofismas do filósofo e envía ó seu fillo pero éste remata sendo corrompido polos acredores tralas ensinanzas recibidas por Sócrates e o pai quéimalle a academia.
  • As avespas: onde varios filósofos clonan avespas paleolíticas e son asasinados por elas e ao final ten que intervir Esparta.
  • A paz: onde varios mozos con nomes de enemigos de Aristófanes tentan levar a Atenas á guerra pra conseguir botín e mulleres, ao final voltan cos enemigos asediando Atenas e catro pernas menos, seis brazos menos, tres brazos tarados e cinco ollos tortos.
  • As aves: una sátira do imperialismo ateniense.
  • Lisístrata: as mulleres de Atenas fan folga de sexo pra que seus homes abandonen a guerra, mais os militaristas inventan a homosexualidade pra salvarse da folga sexual (xa que as ereccións impídenlles levar as súas armaduras) e seguir loitando, o que non saben é que así a guerra párase ó namorarse uns guerreiros dos outros.
  • As Tesmoforias: as mulleres de Tesmoforia fan folga de maquillarse se os seus homes seguen namorándose de mozos e, conseguen o amor dos seus maridos tras deixarse o bigote.
  • As rás: de como xurdiu na Limia o costume de comer as pernas das rás.
  • As asambleístas: nun partido nacionalista ateniense formado por asembleas obtén o poder na cidade, mais nas seguintes eleecións ó perder a mans do tirano Feijóocleón, reúnense pra ver de mellorar o partido pero debido á súa estrutura asemblearia tardan anos en chegar a algún acordo e ao final rematan por separase uns de outros, formando partidos pequenos que nunca gañarán eleccións.
  • Pluto: un antigo contrabandista rexenta agora un simposario na lúa, o problema xurde ó non lle querer vender o local de festas ó mafioso local e teñen lugar unhas divertidas aventuras, que foron levadas ao cine por Eddie Murphy.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Aristófanes.

Outros artigos[editar]