Banda deseñada

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Dad there is Astolfo under my bed.jpg

Un Cómic ou Banda Deseñada é unha tira de cadriños en papel hixiénico con debuxos para que poidas ir masturbarte/pasar o tempo/sufrir alucinacións/crerte superguay ó baño e voltes relaxado.

Historia[editar]

A Banda deseñada sempre foi moi hetero.

Este tipo de arte naceu en Mesopotamia cando uns sacerdotes estaban contando chistes verdes sobre Inanna. Un deles non entendía ben a secuencia de feitos polo que o narrador tivo que debuxarllo en diversas partes nunha taboíña de arxila, este sistema foi copiado logo polos funcionarios da Monarquía de Gilgamesh para louvalo en diversas estalas, nesas pedras foi onde a viron algúns exipcios que se lles copiaron o sistema para contra nas paredes das tumbas dos ricos as súas vidas e como o pichacortada de Osiris lles pesaba a alma.

Na Idade Media o cómic serviu para que os monxes lles meteran medo á xente e estas lles doasen súas terras e mulleres, o Imperio Gupta na India fixo os primeiros cómics porno e na América o Imperio Azteca facía cómics nas súas pirámides onde sempre aparecía Quetzalcoátl e Tláloc xogando ao trompicallo. Logo na Idade Moderna Giotto pintaba cómics por encargo nas paredes dos monxes franciscanos antes de que estes se meteran na Inquisición española, Martiño Lutero expandiría seu credo grazas aos cómics por toda Alemaña provocando unha revolución campesiña, mentres na China o cómic era usado polo gran emperador aparecer como o o que tiña a pirola mais grande e así deixaron de contestarlle os reinos combatentes.

Xa na Idade Contemporánea os cómics foron usados en toda Europa para insultar, rirse dos demais ou anunciar a chegada do Comunismo mentres nas colonias eran empregados para que os escravos abandoasen o vudú. O Imperio Gringo usounos para atacar ao Imperio Español e logo na crise dos anos trinta para zombificar á poboación mediante historias de Superheroes, cousa que tivo moito éxito comercial e mainstream, ou sexa, do Demo. Así mentres na España franquista Santiago Matamoros tiña un fillo chamado "El guerrero del antifaz" na URSS tiñan a Outubriana! Na segunda metade do XX Reimundo Patiño comezou a facer cómic en galego usando LSD e logo nos 90 algúns ían a Madrid e California e outros á La Voz de Galicia co golfiño mentres Miguel Anxo Prado seguía ao seu. Foron os anos do crecente éxito dos cómics xaponeses, os Manga.

Tipos de Banda deseñada[editar]

Porno en BD francesa.jpg

Títulos destacados[editar]

Desgalería de imaxes de cómics[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Banda deseñada.

Outros artigos[editar]