Berobreo

De Desgalipedia
Berobreo
Berobreos.jpg
Berobreo dando un festín ós castrexos mortos.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento:
Festividade:
Venerado en:
Atributos:
Patrón de:


'Berobreo é o deus do alén castrexo, rei e señor do hades céltico, señor da terra dos mortos.

Goberna sobre o grande mar subterráneo e as illas dos deuses e os mortos (Cíes, Ons, Onceta, Sálvora, e illa de Arousa). O seu maior santuario foi do de Facho Donón en Cabo Home na península do Morrazo (Pontevedra).

== Mitoloxía ==[[ Ficheiro:Alencastrexo.jpg|thumb|left|berobreo dando un xantar no mais alá galaico.]] Reunidos tos os deuses castrexos no Monte Pindo decidiuse por votación só de delegados (xa que había deuses "nacionais" ,locais e mesmo persoais) para compoñer un consello e tramitar a formación dunha administración contemporánea á Idade do Ferro. mais tralas votacións houbo acusacións, infundadas, de compra de votos e de conspiración contra os deuses reintegratas e que mesmo os deuses lusistas soberanistas nin sequera foran invitados a tempo e por iso estaban de camiño.

Tras varias batallas épicas (Batalla de Agrufeixe, Batallade Carnota, Batalla da bouza, etc.) por mor das protestas, voltaron chamar a un congreso extraodinario, onde se contou coas votacións da base por cincunsprición local quedando o cadro como segeu:

Xa que o cargo de rei do alén recaera en Berobreo e algúns axudantes conselleiros e administradores, elixiu él mesmo o tipo de mais alá. En primeiro lugar había que morrer pra ir onda el (só os heroes podían ir de visita ao submundo de vivos), logo a alma do morto transformábase en paxaro (un pato) grazas á danza do abellón e tras un viaxe acuático, cruzando ríos, habitando lagoas, viaxando por pozos peagos, etc, e unha vez no submundo, o mundo dos mortos, o alén, o maís alá, a vida de ultratumba... vivías eternamente nun banquete eterno onde se vivía ben e todos felices comendo e bebendo perdices.