Bielorrusia

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
República nuclear de Bielorrusia
Europe-Belarus.svg
Capital
 Poboación

1991
 • Total n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
Xentilicio bielo de Rusia.
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: Eixo do Mal... ONU, OSCE, CEI, COI, OTSC, Estado da Unión.

Bielorrusia é onde segue existindo a Unión Soviética baixo o agarimoso brazo de Aleksandr Lukashenko.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Bielorrusia.

Bielorrusia comezouse a poboar cando o cambio climático desxeou toda esta zona e por fin os africanos puideron vir a estas terras a cazar. Debido á xeografía do lugar habitaron o centro do país, único espazo bielorruso que non é un pantano, desde o cal resistiron ás invasións de pobos veciños.

Estos eslavos comezaron a emigrar cara outros puntos de Europa ao igual que os celtas e chegaron deica Serbia mentres súas mulleres feas e nais avarentas seguían en Bielorrusia, polo que os príncipes e duques das rexións veciñas foron secuestralas para seus reinos. Así Polonia e Lituania fixéronse co poder na zona, cando os eslavos de Bielorrusia voltaron ao seu fogar orixinal atopáronse con que estaba medio deserto e cheo de misioneiros da Igrexa Ortodoxa rusa, que cristianizaron a rexión polo que os eslavos non puideron darse polo mutuamente e teren descendencia, asi que deixáronse invadir polo Rus de Kiev e a ver se así despois os sacaban nos filmes de Vikingos.

Na Idade Moderna expulsaron aos mongois, que seguían a ruta de Atila e querían conquistar o Imperio Romano, menos mal que se lles adiantaron os turcos e conquistaron Istambul, a derradeira capital do imperio romano (de Oriente). o Gran ducado de Polonesas-Lituanesas foise ao carallo coa crise do Antigo Réxime polo que Catalina de Rusia, guiada polos enciclopedistas e outros filósofos, tomou estas terras e lle deixou as sobras a Prusia e Polonia. Desta época Bielorrusia surtiu de madeira e Licor Café ao Imperio Ruso, pero iso non foi suficiente para que en Moscova lles deixaran escribir en bielorruso, razón pola cal os bielorrusos agoran apenas falan seu idioma propio e non len nada da súa propia literartura (incluso a premio nobel bielorrusa escrebe en ruso!).

As cousas ían mais ou menos ben, ata que veu a Primeira Guerra Mundial, e grazas ás armas extraterrestres atopadas en Tunguska o exército vermello xunto aos comunistas locais deixáronse querer pola nova Rusia e marcharon con eles. Por iso logo Hitler os invadiu á primeira, en vez de tirar por Ucraína adiante cara os pozos de petróleo do Mar Negro, así logo perdeu a guerra o moi pailán, Bielorrusia volveu ao seo ruso da URSS e grazas a seu goberno títere en mans de minorías asiáticas enviadas polo Kremlim que o país seguiu a traballar para eles, asi que á mínima nos anos 90 aproveitaron e xunto a Boris Ieltsin desfixéronse da URSS... para logo seguila mantendo noutro plano da existencia grazas ao bo facer do amado líder eslavo Alexandre o Grande Lukashenko!

Xeografía[editar]

Artigo principal: Xeografía de Bielorrusia.

Bielorrusia atópase na Europa do Norte, limita con Polonia, Lituania, Rusia e Letonia, grazas a quen non ten mar aínda non foi invadida por saboteadores capitalistas que lles queren sacar as subvencións á poboación.

Todo o país é unha enorme lamaceira, excepto no centro, onde se ergue unha meseta, pero tranquilos, todo o país está cheo de árbores, menos mal que a única montaña é do tamaño do outeiro onde eu vivo e así este é un dos países mais fáciles de conquistar do chairo que é. Pero ollo! está cheo de pantanos e podes afundir co teu carro de combate en calqueira esquina MUAHAHAHAH! A pesares desta natureza montuna hai moita contaminación e seu pulmón verde apenas chega para impedir a contaminación das industrias das cidades de Salidorsk (a cidade dos saídos) e Nabolocusk (a Sodoma bielorrusa), onde os plans quinquenais do Doutor Zhivago crearon moitos postos de traballo para manter o exército de funcionarios de Bielorrusia.

Economía[editar]

Artigo principal: Economía de Bielorrusia.

Durante séculos a economía deste país era de tipo agrario, cunha gran riqueza forestal e de caza de gamusinos e ietis, pero actualmente só exporta mozas en coiros de animais e patacas, así como tractores aptos para esmagar opositores políticos. Grazas á clase política do país a maioría dos bielorrusos son funcionarios, asi que non chian contra o goberno que lles dá de comer e mana seu líder.

Neste país as mulleres son as que mais traballan, polo que non hai putas xa que os homes nunca teñen cartos, pero si hai gigolós, que cobran en rublos bielorrusos, xa que Rusia é o país ao que adoran a pesares dos malnacidos opositores políticos pagados pola Unión Europea e o Imperio Gringo. Através do FMI queren que o goberno deixe aos bielorrusos sen subvencións e sen traballo para entrar de cheo no capitalismo, cousa que nunca lograrán mentres Lukashenko goberne este país berce da liberdade económica do pobre fronte ao opresor capitalista.

Para impedir a opresión capitalista neoliberal Alex o Grande Lukashenko unirá Bielorrusia a Rusia, primeiro mediante a moeda común e logo mediante a unión política mediante orxías organizadas polo Kremlin en Minsk e Moscova anualmente.

Cultura[editar]

Artigo principal: Cultura de Bielorrusia.

Durante séculos a literatura bielorrusa foi de tipo relixioso, xa saben, moita Biblia e fanzines sobre os santos varóns e as femias santas e súas aventuras contra Dragóns e o Demo disfrazado de galán pervertidos de moziñas. Cando as cousas se ían poñer interesantes a principios do século XX veu o KGB e enviou aos escritores para a Siberia. Afortunadamente en música as cousas foron mellor, xa que a maioría da xente lle daba ao vodka e logo quería cantar e bailar polo que desde o século XVII tódalas cidades tiñan a súa propia compañía de danzas, bailes e ópera e niso se quedou en poemas melódicos e cancións sobre guerreiros, que si contra os mongois ou os cabaleiros teutónicos ou os nazis. Actualmente ninguén coñece a The Beatles nin Rammstein debido a que os medios de comunicación están intervidos polo Estado, igualiño que na Unión Soviética, así polo menos sálvanse de Telecinco!!!!

Patrimonio[editar]

  • Castelo de Mir: onde o rei Mir ou Min goberna con man de ferro en luva de veludo as longas chairas eslavas para que o terrorista islámico ou o capitalista dexenerado non turben a paz destas terras.
  • Castelo de Nesvizh: en realidade un pazo decadente.
  • Monte de Bialowieza: onde aínda vive o bisonte europeo que logrou fuxir da cova de Altamira e dos seus cazadores, como Xoán Carlos I de España e tamén onde mataron ao presidente de Polonia que viña vir a cazalos grazas a seus cornos láser.
  • Arco xeodésico de Struve: sinala onde viñeron os primeiros africanos a habitar esta zona, ou sexa os primeiros humanos.
  • Fortaleza de Brest: onde veu Trotsky a renderse aos boches.
  • Lago Strusta: onde aínda hai sereas, as únicas putas do país.

Datas festivas[editar]

Festas
Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiroAno novoНовы год
7 de xaneiroNadal da Igrexa OrtodoxaКаляды праваслаўныя
8 de marzoDía Internacional da mullerМіжнародны жаночы дзень
15 de marzoDía da constituciónДзень КанстытуцыіAdoptado en 1994
1 de maioDía do TraballoДзень Працы
9 de maioDía da VitoriaДзень ПерамогіDenota a vitoria contra a Alemaña Nazi na Segunda Guerra Mundial (Gran Guerra Patriótica)
3 de xulloDía da IndependenciaДзень НезалежнасьціAdoptado en 1996
7 de novembroDía da Revolución de OutubroДзень Кастрычніцкай рэвалюцыі
25 de decembroNadal da Igrexa CatólicaКаляды каталіцкія
MovibleSemana Santa OrtodoxaВялікдзень праваслаўны
MovibleSemana Santa CatólicaВялікдзень каталіцкі
9 días logo da Pascua OrtodoxaDía de la conmemoraciónРадуніца

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bielorrusia.

Outros artigos[editar]