Brión
Brión | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Os fundadores de Brión. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Santiago |
Poboación | hab. (2021) |
Área | km² |
Densidade | hab./km² |
Entidades de poboación | |
Capital do concello | |
Política ({{{elec ano}}}) | |
Alcalde | () |
Concelleiros | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: |
Uso do galego[2] ({{{galego ano}}}) | |
Galegofalantes | 100 % |
Páxina web oficial | |
|
Brión é un concello da Jalisia, foi fundada polo Conde das Torres de Altamira pra ver de andar mais co patriarca de Compostela, que quería comer el só toda Galiza.
Historia[editar]
Foi fundada pola Raíña Lupa pero debido a que se convirtiu ao cristianismo fixo morrer a todos de fame ao proclamar que comer carne era pecado, ter sexo era pecado, traballar era un castigo divino e o de emigrar era pecado. Estivo isto despoboado durante centos de anos ata que os Brionitas (un inmigrantes ilegais extraterrestres) aterraron nestas bisbarras e colonizaron o lugar creando unha brillante civilización, nembargantes e debido a que eran todos gays tiveron que apadriñar aos paletos de Teo (menudo nome ahaha!) e ensinarlles os misterios da súa tecnoloxía, logo espichárona de puro velliños, mais os humanos que deixaron aquí cos seus coñecementos aproveitaron que sabían moito e emigraron pra capital (onde fixeron a inventio do sartego dun apóstolo) deixando aquí e seus irmáns bastardos, que seguiron traballando a terra e non roubándolle ós miles de peregrinos que por aquí pasaban sen permiso ata que a Casa de Moscoso tivo a gran idea de inventar o secuestro expréss e así conseguiron deixar algo de riqueza neste concello.
A Igrexa católica galega foise chivar aos Reis Católicos, que enviaron a Inquisición española aquí pra facer un xenocidio, pero debido ás meigas belezas que por aquí había e que os labregos pasaban dos inquisidores ao final non remataron súas ordes.
Xeografía[editar]
Atópase na chaira producida polos arroteos de terra do camiño de Santiago producidos durante o Humámbrico polo pasos erosionantes de miles de peregrinos que arrastrasron terra cara outros lugares por razóns descoñecidas (algúns teóricos da conspiración como Antón Rebollido afirma que eran por rituais cristianos de seguimento ao deus Bandua mentres Blanca García Fernández-Albalat afirma que se trata de rituais de desgaste da terra feitos por adoradores de Dagon para que o mar chegue canto antes a estas bisbarras).
Parroquias[editar]
Lugares de Brión[editar]
Cousas que ver en Brión[editar]
Durante o fraguismo a profesión de pastor e labrego fíxose imposible porque a Xunta de Galicia defendía os intereses do capitalismo extranseiro en vez do capitalismo nacional, asi que houbo que deixar o campo polo turismo, asi que ahí vai unha axuda ós brionenses:
- Castelo de Altamira: desde onde mandaban os caciques da Casa de Moscoso sobre a Galicia central, nas súas ruínas aínda se pode ver paseando a varias pantasmas e mesmo ovnis que tentan secuestrar homes pra ver que carallo teñen dentro da cachola...
- Casa de Pardo: pazo onde o marqués de Sade viña de vacacións e se empapou da cultura tradicional galega tan tolerante co sexo e outros visios...
- San Xulián de Bastabales: templo en honor a un activista comunista antigo, seica foi precursor e bautizou a Karl Marx, o monumento é de estilo soviético constructivista.
- Taller do artista Xosé Vázquez Castro: unha ollada á arte galega pra tentar adiviñar cando serán os tempo dos bardos das edades que cumprido fin terán.
- Pazo da Barbeira: construido por un membro da nobreza pra agochar á súa filla, que era barbuda.
- Luaña: templo neoclásico adicado á deusa razón, feito polos irmandiños pra celebrar a súa revolución burguesa.
- Ponte de Bastavales: baixo seu arco central hai unha meiga chuchona... pero desas que che chuchan o caralloe te deixan teso!!!
- Ons: templo en honor a Cthulhu, din que o retablo pétreo é o propio Cthulhu desecado agardando pola alienación planetaria de outubro de 2014...
- Fonte de Hermes Trimegisto: pra que vaias beber das augas da sabiduría...
- Pazo de Armesto: onde salaron ó extraterrestre caído en Cornanda.
- Capela de santa Minia: ía ser unha catedral, pero o promotor quedou sen cartos e só construiu a cabeceira e a sacristía, ao ver o seu fracaso tirouse a vida e desde entón pódese ver o seu pantasma pola zona lamentándose e pedindo cartos.
- Pazo do Armental: aquí un alquimista tentou crear un anxo... pero saíulle Frankesntein perdido.
- Templete á Virxe María mexicana: templo en honro a unha virxe nacionalista mexicana (os independentistas mexicanos antiespañois branderon unha bandeira coa súa imaxe nas guerras contra España).
- Pazo do Casal: onde naceu Tino Casal.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]