Buda

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura


Buda
Budajomer.jpg
Información
Nacemento Probablemente antes ca Xesús.
Nepal.
Falecemento no 666.
India.
Nacionalidade nepalí.
Ocupación Axitador de masas.
Cita1.pngBuda foi un supersaiyan, por iso sempre brillaba.Cita2.png
Algún rapaz sobre Buda
Cita1.pngEramos amigos (moi grande) bos tempos...Cita2.png
John Lennon sobre Buda
Cita1.pngXa peguei!Cita2.png
Madonna sobre Buda.
Cita1.pngNa Unión Soviética, o Buda ilumínalo vostede!Cita2.png
Reversal Rusa sobre Buda.
Cita1.pngXesús é un home moi bo, el nace, eu gañou presente, el morre, eu gañou chocolateCita2.png
Oscar Wilde sobre A Vida de Xesús e os seus beneficios
Cita1.pngUn dos meus mellores clientesCita2.png
Un dietista sobre Buda

Buda foi un home que fixo elevar a civilización humana mais alá da vil carne.

Vida e miragres[editar]

Nacemento e infancia[editar]

Buda comezou súa vida relixiosa en plan mendigo fumeta.

Siddhartah Gautama foi creado fai moitos eóns, e pasou por 547 reencarnacións antes de chegar a ser Buda, o Iluminado, un dos que le axudou a saír da roda de reencarnacións foi o anterior buda, Dipankara, un extraterrestre que lle amosou o método pra saírse da vida e deixar de existir dunha puñeteira vez (tiña que ser xeneroso, honrado, renunciar ás comodidades, sabio, traballador, paciente, determinado, decir sempre a verdade, ecuánime e ter amor por todo o universo. Debido a que ser estas dez cousas á vez custa moito Gautama tivo que pasar por 547 reenacrnacións pra chegar a ser quen foi.

Na súa 548ª reenacarnación (tras deixar de ser unha cobra na vida anterior) naceu no seo dunha familia humana moi rica, o Rei Sudoku e a princesa Radhiogaga, no Nepal. E vendo a ganga que era a reenacrnación decidiuse ficar pra sempre na existencia humana pero por si acaso antes de morrer creou o Budismo pra ter alguén que lle rezase e así non baixar de calidade na seguinte reenacarnación. Buda/Gautama era un príncipe e como tal tivo vida princispeca durante moitos anos, de pequeno foi enviado a estudar ás universidades de Oxford e Eton (o típico nos nenos ricos de papá indios).

Adolescencia[editar]

Buda metendo coca en South Park.

Estando de botellón en Oxford separouse de seus compañeiros pra ir buscar un par de putas e chingar coelas entre dous contedores (xa que estaba namorado dun colega de súa clase e non quería que o visen), pero só conseguiu dar cun travelo, co cal foi iniciado no sexo anal (porque Gautama quería probalo peero non cun home e si cunha muller) e viu que o sexo era tamén un camiño de chegada a Deus e inventou o tantra e ecomezou a vender libros como rosquillas nas librerías esotéricas e andar por congresos, cando seus pais descubriron que seu fillo anda con semellantes monerias contrataron a un sudaca pra que o secuestrara e trouxera de volta pro Nepal, onde súa familia xa lle ordeara unha boda coa súa prima Yashodara.

Madurez[editar]

Buda salvou a súa vida de seus inimigos ao poder convertirse en supersaiyan con só un conco de arroz.

Gautama Buda foi obrigado a casarse cunha pistola no e pra súa desgraza a parenta, Yashodara, era unha sosa pija que se apuintaba a calquera moda chegada de fora, e en vez de falar awadhi sempre andaba co inglish na boca, Gautama/Buda non a aguantaba e como seus pais sempre o anadaban a presionar pra que tivera descendencia e o reino seu non caíse nunha guerra civil trala súa morte Gautama Siddharta emborrachouse e foi foder coa parenta, logo segiu coa festa e índose polas rúas do seu reino a seguir de parranda. A parella tivo un fillo, un pouco parvo porque seus pais eran primos, chamado Chumlee (que na súa 547ª reenacarnación traballa en Gold & Silver Pawn Shop).

Como Gautam Siddharta non aguantaba nin á parenta nin a seu fillo pasaba moitos días cos seus amigos de parranda, visitando bingos e indo de prostitutas, pra non aguantar a estación do verán no seu país sempre se piraba a Europa, e un día paseando por Hamburgo coñeceu o BDSM ao entrar medio peneque nun puticlúb e lle deron co fluggegecheimen o cal lle abriu os ollos rasgando o veo de Isis e caendo nun estado espiritoal; Gautama/Buda voltou á India e foi falando con diversos gurús do hinduísmo pra ver se tiveran experiencias tan divinas coma a del, pero fóiselle un pouco a olla porque comezou a andar cos ioguis fumando ganja e quedouse durmido debaixo dunha árbore, a cal o intoxicou con monóxido de carbono e Buda pensou que chegara á iluminación.

Gautama Buda pasou por varios estados de peso antes de chegar a ser unha sílfide.

Pra darse importancia e conseguir titis dixo que estivera cos catro grandes gurús hinduístas pero que apenas lle ensinaran nada mais alá de baixar kilos e que ra conseguir o Non ser do Ser había que andar canda el, grazas a iso consegiu mollar moito mais o churro xa que decía que non só non había que ser un anacoreta e mesmo se podía levar unha vida normal sen mosteiro nin gaitas e iso fixo que tivera mais seguidores, o que fixo que fose envelenado e morrera.

Principais chegadas[editar]

Grazas a seus poderes podía espiar sen ser visto.

Debido a que a humanidade é parva de collóns Buda ten que vir cada "$%&=(&·*¨:Ç; anos para salvar á humanidade:

Imitadores[editar]

Cando Boba Fett se quedou sen clientes meteuse no negocio da relixión.

Debido a que a franquicia Buda daba para todos surxiron algúns timadores:

  • Xesucristo Superstar.
  • Cal-lo Jesús.
  • Buda Fett: Boba Fett ficou sen malos que o contratsen por culpa da familia Skywalker e tívose que reciclar como gurú relixioso.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Buda.

Outros artigos[editar]