Bugs Bunny

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Coche de bebe.jpg Artigo nos seus primeiros pasos! Este artigo tan só é un bosquexo!
Este artigo relacionado é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Desgalipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.
Bugs Bunny

Bugs Bunny insomnio.jpg
Bugs Bunny trás beber licor café consumir drogas.

Obra Looney Tunes
Creador(es)
Información
Sexo
Título
Familia Ace Bunny (membro dos Loonatics)
Cónxuxe
Aliados
Inimigos Elmer Fudd
Yosemite Sam
Marvin the Martian
Daffy Duck
Wile E. Coyote
Residencia


Bugs Bunny é o viúvo de Lola Bunny, apenas se sabe algo mais sobre el debido a que na esquela non viña mais información e, francamente, a quen lle importan as desventuras dun coello na Idade Contemporánea?

Traxectoria[editar]

Bugs Bunny sobre Happy Rabbit.jpg

Bugs naceu nos Estados Unidos profundos nun campamento de caravanas, seus pais eran ex marines chegados do Vietnam que entraran no mercado das drogas duras. Eles usaron a seu fillo como coelliño de laboratorio e así conseguiron as mellores drogas da costa este conseguindo que o FBI non dera con eles. O malo foi que Elvis Presley si que deu con eles e os denunciou a Richard Nixon, que enviou a seu mellor axente antidrogas, Philipp K. Dick, para liquidalos. Pero el quedouse co coelliño e o laboratorio de drogas, que enviou a San Francisco city, alí Bugs foi alfabetizado pero debido a un erro de seu pai adoptivo Phil rematou séndoo no alfabeto cirílico polo que entrou na CIA sendo entreado en manipulación metal e fíxose ninja, por iso o cazador nunca lle dá disparado.

Bugs Bunny ugly.jpg
Bugs e Lucas.

Bugs foi vivir co seu amigo gay Michael Jordan á barriada de Fidel Castro pero alí seu veciño Calamardo, tamén coñecido como o pato Lucas, lle facía a vida imposible denunciándoos sempre á policía racista da cidade polo que Bugs entrou na depresión e comezou a tomar drogas legais e rematou por deixar a Michael debido a que obtiña mais placer co seu consolador en forma de zanoria que do mozo. Nos 80 foi enviado pola CIA ao Kremlim onde se meteu como topo imperialista e consegiu noquear a Mijail Gorbachov facéndolle ese mancha tan famosa na calva. Tras este triunfo seu goberno extraíuno de Rusia e mandouno de vacacións a España, onde se fixo mozo da Bruxa avaría ata que se fartou de ver con elas filmes iankis e fuxiu cara Marrocos onde se perdeu no deserto. Alí bateu con Mahoma e convertiuse no seu apóstolo libertario, desde entón é buscado por toda a policía mundial.

Desgalería[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bugs Bunny.

Outros artigos[editar]