Burrhus Frederic Skinner

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Burrus Skinner.
Skinner.jpg
Información
Nacemento 20 de marzo de 1904 Probablemente antes de que naceras ti.
Susquehanna (Pennsylvania), Bandeira Usa.png Estados Unidos
Falecemento cando Kurt Cobain naceu ou 18 de agosto de 1990.
Cambridge (Massachusetts), Bandeira Usa.png Estados Unidos
Ocupación Manipular a túa mente

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Seymour SkinnerCita2.png
Google sobre Burrhus Frederic Skinner

Burrus Skinner foi un científico tolo e filósofo ianqui.

Vida e obras[editar]

Non confunda o xenio de Burrhus Frederic Skinner coa incompetencia do seu fillo Seymour Sinner.

Skinner naceu nos Estados Unidos Profundo nunha familia luterana que lle meteu ideas de salvación da humanidade na cabeza, mais el en canto pasou a adolescencia pasou de querer ser misioneiro en África pra salvar pobres negros do Politeísmo a querer ser un escritor de éxito e andar encocainado e de putas todo o día.

Para convertirse nun escritor con moitos lectores foi a Nova Iorque onde se meteu nun colexio privado deses que che aprenden a redactar ben, mais ao ver que aquilo era un timo e ademais non soportaba encher fichas de aldeas descoñecidas na Desgalipedia marchou da cidade e foise vivir a Penguin Village, onde tentou ter sexo anal co Dr. Slum (por iso de ter experiencias persoais extremas e poder ser bo escritor) mais ao final voltou á cidade e púxoxe estudar psicoloxía.

Ou iso decía el, en realidade agora quería ser un espía, e pra iso foi visitar a embaixada de Alemaña e URSS pra ver se conseguía choio de espía, pero debido a que o tomaron por un espía americán foi rexeitado, asi que seguiu estudando; pra poder pagarse a universidade comezou a comerciar con algúns medicamentos experimentais no campus e así sacouse unhas pelas e sacou o título sen ter que pagar moitos intereses, ademais agasallou a seus metres con algo de sexo anal e as probas dos experimentos con ionquis do campus (pra que as fixeran pasar por súas en trabalos de investigación e gañarse o favor dos catedráticos) e así conseguiu seguir na universidade traballando como investigador na mente humana.

Trala II Guerra Mundial Skinner conseguiu que Rusia lle fixera caso e lles enviou un dossier completo pra facer unha sociedade comunista perfecta e científica de todo, como os rusos non lle pagaron moito (porque xa levaran a cabo facía anos antes a enexeñaría social) fixo un oar de cambios no estilo e vendeu o dossier coma se fose unha novela de ciencia ficción e chamoulle Walden dous pra darlle algún prestixio filosófico.

Ao considerarse mal pagado polos soviéticos foi fakar co goberno dos Estados Unidos de América, meténdose no pentágono grazas ao Dr. Strangelove, e onda a CIA consegiu que lle desen unhas miles de subvencións pra conseguir armas super orixinais na Guerra Fría, Skinner asociaouse a Walter Bishop e comezarona facer experimentos co LSD; cando viu que Bishop era mais listo ca el desuníronse e seguiu coas súas investigacións sobre conductismo, asociándose co Avó da familia Monster.

Esta segunda asociación tamén fallou asi que foi tratar con xente mais seria, primeiro con Rotwang (tivo que fuxir del cando lle propuxo ir de putas) logo co Dr. Mabuse (o deixou porque era mais poderoso ca el á hora de condicionar humáns) e por último co profesor Tomoe (do cal fuxiu ó saber que lía hentai). Grazas a estas colaboracións consegiu subir na xerarquía universitaria, sobre todo cando iniciou o programa Mk-Ultra e conseguiu que os estadounidenses se deixarn roubar a seguridade social, votaran a Ronald Reagan e adorasen a Elvis Presley.

Achegas[editar]

A Televisión nos tempos de Skinner

Debido a que a enxeñaría social estaba mal vista despois do dos nazis nunca lle deron ningún premio Novel, pero el seguiu inventado cousas:

  • A caixa de Skinner, ou Televisión: pra conseguir lavar o cerebro.
  • O dron: ou paxaro manipulado pra que vaia cunha cámara fotografar os altos do Golán.
  • O casco de lectura de mente: e así non gastar enerxía torturando espías, opositores políticos, etc
  • O desalmador: máquina cun raio tan potente que che saca a alma humana e así podes ir á guerra de Vietnam e cometer todo tipo de barbaridades sen preocuparte.
  • O Obediencieitor: a máquina que aplicada fai que obedezas a calquera orde.

Obras[editar]

  • Walden dos: nunha granxa lonxe das cidades vive unha comuna que son felices porque formaron unha sociedade de forma científica.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Burrhus Frederic Skinner.

Outros filósofos[editar]