Cabaleiros do Zodíaco

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Girlangel anime.gif Este artigo contén material relacionado con animación japonesa e foi feito por un Otaku.
Non te preocupes se ve
bustos grandes.

Cabaleiros do Zodíaco
Manga Cabaleiros do Zodíaco
Creado por Deus
Editor
Publicado en
Primeira edición 15 de setembro de 1986
Última edición 15 de abril de 1991
Núm. de volumes 28
Anime Cabaleiros do Zodíaco
Dirixido por
Estudio Toei Animation
Canle televisiva TV Tokyo
Primeira emisión 11 de outubro de 1986
Última emisión No día da mentira de 1989
Núm. de capítulos 114


Saint Seiya (nesta zona do planeta Terra "Cabaleiros do Zodíaco") é unha serie de anime sobre uns gays platónicos que teñen que salvar sempre á súa deusa Atenea das gadoupas doutro deus maléfico (desde Xúpiter a Thor) sen que importa o lonxe o que pertenza a outro panteón distinto do taoísmo.

Argumento[editar]

Placa de aviso de Spoiler.jpg Aviso de Spoilers! Atención: Esta sección/ou artigo pode revelar detalles da trama e/ou
do argumento, de xeito que Xesús Cristo morre, pero volve á vida o terceiro día.
Agora que eu dixe, pode continuar lendo...
Athenea

O universo está en perigo, Atenea, a deusa da sabedoría e polo tanto o único ente sobrenatural con sentido común e activista de Greenpeace tenta concienciar a un dos malvados espíritus superiores para que deixe de facer o mal, por iso acciona sempre o seu skype/ouija e conctacta co malvado, éste (sexa quen sexa (Thor, Xesús de Nazareth, Quetzalcoátl...) sempre fai o mesmo, captura a Atenea para sacarlle o seu "mollo" en plan Doutor Maligno e doimnar o Cosmos, menos mal que os Cosmonautas están sempre preparados para repeler esta chantaxe capitalista e defender á URSS de todo mal! Ai non que esta serie é do Xapón...

Persoaxes[editar]

Cabaleiros de bronze[editar]

  • Seiya: capitán do equipo FC do Zodíaco, sempre é dos primeiros en pelexar contra os malvados, cando está a piques de morrer aparece o resto do equipo e deixa ao malvado feito un zisco entón Seiya regresa e invoca a Pegaso e mata ao malvado. Así durate 12 ciclos ata que volve empezar, pero noutra saga, pelexando contra Odín, Hades, Neptuno en distintas sagas que logo cantaría Eduardo Pondal.
  • Shiryu: cabaleiro do Dragón, tras matar a Sigfrido e derrotar a Alemaña súmase aos caabñeiros da Táboa Zodiacal e tenta que non lle destrúan o seu indestrutible escudo e acaba sempre cego logo regresa onda a súa moza pero ésta é unha monxa e non lle dá amor polo que ao final Shiryu faise talibán e métese a gardián da Revolución Iraní.
  • Hyioga: cabaleiro do cisne e tan amaneardo coma éste, louro perdido e coa súa armadaura de diamante Swarosky sempre se agocha dos malos para que non lla rompan.
  • Shun: cabaleiro de Andromena, o mais macho da serie tanto que se atreve a vestir de rosa e chorar antes de masacrar a seus rivais.
  • Ikki: ao principio é dos malos pero vaise facendo bó como Vexeta tras botar algunhas noites con Shun de botellón.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Modelo:Cabaleiros do Zodíaco