Carlos III do Reino Unido

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Current event marker.png Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade.
A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento.
Por favor, non achegues datos especulativos e lembra indicar referencias a fontes fiábeis.


Carlos III de Inglaterra
Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
CarlosIIIdeinglaterra.jpg
Charles von Wales escoitando aos Sex Pistols

Nome completo Charles Dexter Ward Hohenzollern von Windsor
Nacemento
Londres, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Casa real Casa de Windsor

Escudo de Carlos III do Reino Unido
Escudo de Carlos III do Reino Unido


Carlos III de Inglaterra ou Charles Orellas será o quinto rei da Dinastía Windsor reinante no Reino Unido. Fillo da Sabela II do Reino Unido e pai do futuro Henrique IX do Reino Unido. Debido a que durante moitos anos a súa nai non lle confiou o trono quedouse co título de Carlos de Gales.

Traxectoria[editar]

Charlie naceu nas landas ovelleiras de Inglaterra, cedo súa nai deulle unha fábrica de chocolate pero como tiña de escravos aos ompaloompas o Parlamento obrigouno a pechala na Guerra Fría xa que o Imperio Británico tiña que aparecer ante a opinión pública como moderno e progresista, Dese modo votaron por Margaret Thatcher e demostrouse que non o eran, en fin.

Estudou en Escocia e Gales, onde tentou aprender céltico pra comunicarse co Rei Artur e que éste viñera a liberalo da súa despótica nai pero só conseguiu invocar ao tataravó de John Constantine que lle fixo unha operación estética gratis pero á moda do século XVIII e por iso ten esas orellas tan grandes, o que namorou a Diana de Gales. Xuntos comezaron a venta de souvenirs da súa voda e cos cartos restantes organizaron a primeira granxa ecolóxica de Inlgaterra (mentira! Lla roubaron a idea aos da federación pagá!)

Ao ver que a súa marida non lle gustaba ir de caza do raposo deixouna por Carmila, unha vampira lesbiana, que logo se pasou ao lado hetero da forza e titulouse Camila Parker-Bowles, tan fermosa coma el e así xuntos gobernanron felices Britannia ata que chegou a Terceira Guerra Mundial e conseguiron que a súa nai a raíña Isabel se xubilara dunha puta vez. Carlos por fin reinou! Pero durou pouco debido á súa idade (9 anos) e morreu de vello ao pouco mentres Inglaetrra enfrontábase por terceira vez contra Alemaña ao mando do rei Harry (que non Harry Potter eh!).

Títulos[editar]

Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Charles is king now.jpg
  • 19481952: S.A.R. Príncipe Carlos de Edimburgo
  • 19521958: S.A.R. O Duque de Cornualles
  • 19582022: S.A.R. O Príncipe de Gales
    • en Escocia: 1952 – presente: S.A.R. O Duque de Rothesay
Predecesor:
Príncipe Eduardo, Duque de Cornualles
Príncipe de Gales
19582022
Sucesor:
?

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Carlos III do Reino Unido.

Outros artigos[editar]

Monarca do Reino Unido United Kingdon Flag.png

Segue a:
Sabela II do Reino Unido
Carlos III do Reino Unido
Precede a:
Henrique IX do Reino Unido
Windsor.