Casa de Andrade

De Desgalipedia

A Casa de Andrade foi unha familia da nobreza galega, orixinaria de Pontedeume, foron seus antergos a Casa de Traba, pero as cousas torcéronse como ben sabemos a través do "Tizón de la nobleza" esta casa infectouse en contacto cos Pacheco a través de Inés Hernández Estévez filla dun zapateiro xudeu converso.

Orixe[editar]

Ao principio só tiñan o castelo de Andrade, logo unha casa en A Coruña e ligados ó convento de Santo Domingo no XIV e seus beneficios proviñan dos mosteiros conseguindo ser patróns de Caaveiro e Monfero.

Historia[editar]

Seu primeiro familiar famoso foi Rui Freire de Andrade, aínda que apoiaron a Pedro I durante a Iª Guerra Civil Castelá obtiveron agasallos de Enrique II de Castela, sobre todo Fernán Pérez de Andrade, O Boo que si comeza apoiando a Pedro I logo apoia a Enrique II mentres seu irmán en Portugal chega onde ao rei e consegue deste grandes beneficios e ao invadir Galiza obtén o título de Gobernador de A Coruña pra logo marchar outra vez.

Neste cambio de chaquetas a familia reibiu de Pedro I Vilalba, Pontedeume e Narahío (San Sadurniño), mais cando Pedro o cruel marcha a Francia a conseguir apoios Henrique II entra e capta algúns adeptos, entre eles os Andrade e comezan a loitra contra a Casa de Castro e logo recibiu parte das súas terras e moitas mais grazas a asasinar a Pedro I en Montiel (facándeolle una emboscada debido a que coñecía a este Andrade). Así recibiu Ferrol e confirmoulle as outras terras (Betanzos, A Coruña, Neda, Cedeira, Viveiro) sí a familia controla todaa costa norte de Galicia e comeza seu ascenso pra amosalo ás claras comezou as Obras públicas (castelos, pontes, hospitais, mosteiros, conventos, capelas, igrexas).

Seus castelos son do mellorciño: Andrade, Pontedeume, leboreiro, Moeche, Narahío, Vilalba, e logo construiu pazos nos burgos ao tempo que ocupaba terras a mosteiros veciños, resistiu a ataques portugueses durante a invasión castelanista de Portugal de Xoán I de Castela pero cando veu Xoán de Gante enseguida lle deu súa lealdade.

Seu sucesor foi seu sobriño Nuño Freire, O Mao, que con este nome que a todo dito... e provocou a Fusquenlla de 1431, segiulle Fernán Pérez de Andrade, O Mozo que andaba sempre de botellón cos seus escudeiros, peóns e cabaleiros. Pero os irmandiños cansaron del e de seus cabaleiros e déronlle a patada no . Alonso de Lanzós vingouse deles, cando voltaron fixeron reconstruir todo a seus vasalos ao tempo que se aliaban coa Casa de Pimentel pra ir contra da Casa de Lemos. Recaeu a sucesión en Diego de Andrade que se mantivo sempre obediente á coroa mentres cobraba a seus servos o dos irmandiños a base de ben. Na IIª Guerra Civil Castelá púxose do lado de Sabela I de Castela co cal conseguiu aínda mais terras e pingües beneficios (uns cantos millóns de maravedises) sendo un dos primeiros en facer a Santa Irmandade nos seus estados e así foise gañando a enemistade doutros señores de Galicia, como Pardo de Cela e contra algúns da Casa de Lemos (xa que tivo que ir auxiliar ós exércitos de Fernando o caótico na retoma de Ponferrada) e contra o arcebispo de Santiago de Compostela (xunto á casa de Moscoso tentaba rapiñarlles un algo) entronca por casamento cos Mariñas.

Seu fillo Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas participou nas campañas de Italia contra os gabachos (reconquistado terras que perdera el Gran Capitán) tentando recuperar o voto en Cortes pra Galicia (que llo deran a Zamora por séculos) conseguindo que A Coruña conseguira licencia pra comerciar con América e traer o chupacabras pras fragas galegas e así enchelas de misterio, subvencionou a Vasco da Ponte pra que fixera unha crónica sobre a nobreza galega. Seu sucesor [[[Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal]] co cal se xuntou o Conde de Lemos, o Conde de Vilalba e marqués de Sarria nunha soa persoa, invadiu Portugal pra que Filipe II fose rei ibérico 100%. O seguinte Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal andivo lambendo cus espasñolistas, [[[Pedro Fernández de Castro e Andrade]] conseguiu ser Grande de España e subvencionou a Lope de Vega, Góngora, Miguel de Cervantes, Quevedo... Francisco Ruiz de Castro Andrade e Portugal segiulle e tras uns anos ao frente desta liñaxe deixouno todo e fíxose monxe, Francisco Fernández de castro non fixo gran cousa por destacar e claroestá así non ten páxina na Wikipedia.

os Andrade foron moi de andar de festas.

Pedro Antonio Fernández de Castro polo menos chegou a Virrei do Perú tras facer moito a pelota ao rei, Ginés Miguel María da Concepción Ruiz De Castro Andrade E Portugal Osorio comezou súa xefatura da casa de Andrade-Lemos en 1666 e por iso tampouco ten páxina na wikipedia, ademais o demo fixo que non tivese fillos e unha muller fose condesa, Rosa María de Castro e Centurión que levou tan mal o negocio familiar que á súa morte aínda seguían pelexándose pola herdanza os primos, o título e condados pasan a Joaquín Lòpez De Zúñiga, Sotomayor e Castro que como era gay non tivo descendencia e todo pasou á Casa de Alba, por iso Cayetana Fitz-James Stuart (ou Caietana de Alba) segue a ser condesa de Lemos, condesa de Andrade, condesa de Ribadeo.

Enemigos dos Andrade[editar]

  • Mariñas: aínda que rematarían por entroncar cos Andrade.
  • Betanzos: e iso que un parente seu era alcalde betanceiro.
  • Casa de Lemos: sobre todo cos Osorio de Castro, ao final sumouse aos Andrade.
  • Ferrol: porque entre outras cousas, tiñan o monopolio da compra-venda de viño. e impedir emigrar a seus veciños a outras partes.
  • Casa de Ulloa.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Casa de Andrade.

Outros artigos[editar]