Casa de Soutomaior

De Desgalipedia

A casa de Soutomaior é unha familia da nobreza galega, tiveron seu esplendor durante un século (XV-XVI), rematando por fundirse coa Casa de Sarmiento.

Orixe e evolución[editar]

Os Soutomaior daban de comer ben a seus amigos...

Todo comezou en Soutomaior cando Paio Sorredea conseguiu do rei de turno unhas terras só pra el e así comezou a subir no escalafón (sobre todo casando cunha muller da Casa de Andrade), a partir do século XIV medra de golpe (xunto a outros liñaxes como Mariño, Deza, Valladares, Cabeiros, Montenegro, Lago, Bolaño, Freire, Pardo, Somoza, Sarmiento, Balboa) obtendo privilexios dentro da Igrexa católica grazas a seus parentes bispos.

Durante a Iª Guerra Civil Castelá permanceron do lado de Pedro I o xusticieiro, achegándose á Casa de Castro e logo fuxindo donde eles ao ver que Henrique II de Castela repartía Mercedes a troche e moche, doutra banda aproveitaron que a cercanía da fronteira con Portugal (que tentaba invadirnos! menudo fillo de Buda o rei luso!!) mesmo colaborou coa invasión inglesa de Xoán de Gante na súa blitzkrieg en Galicia e mesmo entregou Tui aos portugueses en 1389, recibíndoaa despois de seu rei debido á presión diplomática lusa, que tería que entregar anos mais tarde ao arcebispo de Compostela.

No século XV mantiveron varios contenciosos bélico administrativos contra a Casa de Sarmiento, vencendo sempre os Soutomaior (disputas polas terras de Orcellón e Avión causando miniguerras, quitándolles Salvaterra de Miño, invasión de Ribadavia, apresamento do Adiantado de Galicia) según Vasco da Ponte "eran moi ousados de facer calquera cousa contra Portugal e contra o arcebispo e os señores de Ribadavia". Seu poderío aséntase en cada xeración, Fernán Yáñez Soutomaior que cos seus 50 cabaleiros e 2500 homes entre vasalos e behetrías podía controlar perfectamente só todo Toroño (antiga provincia de Tui) e incluso mandando en Baiona ademais tivo o atrevemento de atravesar dominios alleos pra ir ata Ourense e pillar a un fidalgo dos Cadórniga (que se extinguirían anos mais tarde de tanto tentar encular ao bispo ourensán) e levalo preso a Soutomaior a unlla de cabalo, este Soutomaior nunca foi vencido nin preso morrendo de vello e deixa seu feudo en perectas condicións pra expandirse.

Alvar Páez de Soutomaior fillo do anterior seguiu cohesionando os dominios familiares, adquire mais bens e métese polo Val Miñor, un chulo praia que facía o que quería e contra quen quería, repetindo a fazaña de seu pai foi ata Ribadavia e prendeu a un Sarmiento en Soutomaior, obtendoa vila de Salvaterra de Miño e por riba o rei do momento ríale as gracias e lle deu seu favor. Pedro Madruga fixo entra xa no mito a toda a familia pro sempre xamais.

Durante a IIª Guerra Civil castelá (entre a que será Sabela I de Castela e Xoana a Beltranexa) os Soutomaior ficaron do lado lexítimo sendo atacados polos isabelinos (algúns con desgana) debido a que Portugal ía do lado de dona Xoana e os Soutomaior eran señores de Caminha. Trala perda da guerra tamén perderon o favor real e foron perdendo letixios, seu fillo Álvaro de Soutomaior tentou salvar seus estados dos inimigos de seu pai e lles devolvesen seus bens, enriba o gobernador de Galicia ía contra el estando en Fachadolid foi asasinado; ademais unha viúva que tiña futuro da familia comezou a andar a ben cos Sarmiento e seu fillo non llelo perdooou matándoaa e logo fuxindo a Portugal deixando caer seus estados en mans de seus inimigos, sobre todo por entronque matrimonial.

Moitos deles están soterrados nas ruínas do mosteiro de san Domingos de Pontevedra.

Dominios territoriais[editar]

Os Soutomaior coa súa bandeira axedrezada tentando reconquistar Salvaterra de Miño durante a Guerra de Restauración Portuguesa.

Non só tiña terra, tamén tiña unha frota de naos e outros barcos.

Pontevedra.
Nas moitas aldeas e vilas de Portugal.
  • Vila e coto de Caminha (ao casar no seu exilio irmandiño Pedro Madruga con Dona tareixa de Tábora).
  • Mosteiro de Fiaes.

Amigos dos Soutomaior[editar]

  • Casa de Ulloa, ata que se comezaron a levar mal porque Alvar non casou cunha Ulloa.
  • Zúñiga de Monterrei (por iso cando os ribadavienses mataron á condesa Zúñiga a Tola foi Pedro Madruga a reprimilos) aínda que esta familia estaba emprentada coa Casa de Sarmiento.
  • Casa de Andrade.
  • Liñaxes dos Osorio, Mariños.
  • Casa de Moscoso.
  • Soutomaior de Lantaño.
  • Montenegro e Valadares, mais se descoñece porque os abandoan e pasan a combatilos ao lado de Fonseca.
  • Garcia Sarmiento de Sobroso, anterior aliado dos Soutomaior (por medo e veciñanza fijo!) pero debido ós ataques de Pedro Madruga pásase aos contrarios.
  • Casa de Lemos, aliado con Diego de Lemos (tamén da Casa de Moscoso) pra botar abaixo o poder do arcebispo de Compostela Fonseca I.