Cenlle

De Desgalipedia
Cenlle
Bandeira de Cenlle Escudo de Cenlle
Situación
Situacion Cenlle.PNG
Xentilicio[1] cenllés (non oficial)
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca Ribeiro
Poboación 2.610 hab. (2019)
Área 120,5 km²
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Entidades de poboación 36
Capital do concello cenlle
Política (2011)
Alcalde Mimosín Mimoso (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Cenlle
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,71 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cenlle é un concello ourensán perdido no monte entre Maside e Ribadavia. Centos de miles de mimosas o tapan e a CIA pensa que é unha instalación segreda do exército español.

Historia[editar]

Mulleres de Cenlle na Seitura en Razamonde.

Os primeiros habitantes foron as vacas pintas que encheron de bostas o lugar e así se deu tan ben a agricultura na zona, mais como era un altiplano apenas regado con ríos ou regatos adicaron todo a pastos e viñas nas terras que caían sobre o Miño/Baenís, esta riqueza gandeira atraeu ós celtas, que chegaron ata aquí e mudaron en castrexos galaicos, fundando o triángulo das Bermudas (a cidá de Lámbrica, castro de San Trocado e o Castro do Castelo de Laias) que servía pra controlar o comercio provinte dos catro puntos cardinais e enfialo polo porto miñoto de Barbantes mentres te podías ir á sauna de laias (actualmente o Castelo de Lais foi destruído pola autovía, pra que logo digan que o "progreso" é bó)

Debido a que a principios da Idade Media se deron fenómenos surrealistas (pesca de peixes con incrispcións misteriosas, caída de xudías amargas conxeladas do ceo,etc) a zona foi abandoada, séculos mais tarde vendo que aquelo estaba medio deshabitado os mosteiros tiveron a grande idea de enchelo de escravos (os "colonos" medievais) e aproveitar os pastos e así encheron Cenlle de aldeas peridas nos montes, aínda que algún historiador intoxicado de moito LSD dixo que aquilo era o territorio dalgunha tribo de castrexos poderosísismos tras ir de botellón ó castro de San Cibrán de Lás.

Durante a Guerra de Independencia española morreron 30 paisanos (das parroquias de Esposende, Cenlle, Sadurnín, Vilar de Rei e Eiras) loitando contra o exército francés imperialista. Actualmene seus habitanes viven en continua batalla contra as mimosas pra poderen gañar terreo e plantar unha casa de garnito do Porriño mentres traballan descargando fariña de Colombia nas rías.

En 1846 o concello de Cenlle tentou prohibir a función dos Corredores de Viño (labregos acomodados, caseiros de fidalgos ou administradores destes que servían de intermediarios entre o comprador e o vendedor de viño) sen éxito, e incluso collen mais poder como intermediarios cos pipeiros (donos de tendas, bares, almacens de zonas costeiras que veñen aquí a buscar o viño).

Xeografía[editar]

As casas reitorais están a ser aproveitadas para... turismo rural... ou iso din!

O sitio é unha meseta en outeiradas sobre os vales do Miño e Avia creada pola erosíon durante o Xurásico superior, razón pola cal a mioría de fósile de Niñosaurios aparecen nas bagoadas norte e surleste, mentres os baleirados paleolíticos e do precámbrico aparece nos vados mezclados con xabre do cretácico debido á oroxénse herciniana do trinque.

Clima[editar]

Os ventos mareiros con forza de 3 a 4, terra de fondo con refachos de 500 km/H a alturas de Campo de cerves e Picouto, as néboas provintes do encoro de Castrelo de Miño e do Avia illan de forma térmica o lugar enchéndoo de humidade e tuberculose, no veránseus habitantes fican sen auga, excepto os de Roucos e Cacabelos (por seren os mais chulos).

Flora e fauna[editar]

A mimosa, ou acacia australiana é a planta autóctona do lugar, ou iso debe explicar a súa abundancia polo lugar, á que os seus habitantes din que ten poderes máxicos pra curar a Sida,o catarro e a dor de cadrís,algunhas meigas as usan pra teren 666 orgasmos seguidos.

Entre a fuana destacan os pedros, pequenos bechos que viven de comer a follas das cepas e serven de alimento ó habitantes de Cenlle pra non morreren netre o fional do inverno e a primeira colleita, xa que ben que van buscalos ás viñas...

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Cenlleses famosos[editar]

  • Don Casiano: Casiano álavrez, aínda que nacido na Cañiza creou un imperio tras comezar como tratante de gando a finais do século XIX, dono dunha rede de abastecemento de carne vacún para Madrid a través do tren dominando o gando de Ribadavia e todo Cenlle. Fíxose con terras en Xubín e formou unha familia de alta burguesía, seus fillos marcharon de alta burguesía.
  • Lupe: cantante satírica do lugar.
  • O Vítaro da Touza ou da Generosa.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cenlle.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Ribeiro
Comarca do Ribeiro
Arnoia
Arnoia
Avión
Avión
Beade
Beade
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
Cenlle
Cenlle
Cortegada
Cortegada
Leiro
Leiro
Melón
Melón
Ribadavia
Ribadavia
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo