Che Guevara

De Desgalipedia
Saltar á navegación Saltar á procura
Hammer and sickle.png Atención, Kamarada! Este artigo é comunista, polo tanto, pode ser marxista, leninista,
stalinista e come nenos.
Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag


Che Guevara
[[Ficheiro:|250px]]
Ernesto Guevara de la Serna
Datos persoais
Nacemento 14 de xuño de 1928
Lugar Rosario
Falecemento 9 de outubro de 1967 (39 anos)
Lugar La Higuera
Organización Movemento do 26 de xullo
Alma mater Universidade de Buenos Aires
Profesión Militar, político, médico e escritor
Relixión Non (humanista marxista)

O Che foi un mesías do Terceiro Mundo, bueno daquela Sudamérica era o Primeiro Mundo pero agora é o terceiro grazas ao Imperio Gringo. Según a Biblia é a segunda chegada de Xesús de Nazareth pero con fusil, xa que viu que iso do amor non funcionaba cando había tantos busisness polo medio.

Vida, miragres e ensinanzas[editar]

Che naceu en Arxentina, fillo de Deus Pai estudiou medicina porque perdera seus poderes de fillo de Deus cando o verbo se fixo carne e habitou entre nós, con 30 anos foi ao deserto en motocicleta para atoparse a sí mesmo pero só atopou a miseria na que estaban os indios debido ós abusos dos Spaceballs imperiais mediante bloqueos financieiros, Che entrou en ira e comezou a dispersar ós marcaderes do templo, pero éste atacárono mediante misas de gospel e películas de Hollywood atacando aos curas católicos.

Vendo Che Guevara o éxito gringo decidiu montar un negocio para extender o seu poder, e así naceron as camisetas Che Guevara. Estando en México facendo demostracións comerciais o KGB infiltrouse na súa empresa mediante o uso de axentes romeo e a súa moza meteuno no Comunismo indo a Guatemala a ver como triunfaba o socialismo democrático e cando viu que uns militares oligarcas con axuda de empresas estadounidenses destruían un goberno democrático que non seguía a disciplina de Washington. Che Guevara tomou nota e arrexuntouse con Fidel Castro para botar ao ditador de Cuba para poñerse eles.

Tras destruir a Estrela da Morte conseguiu chegar á xungla guajira e comezou unha guerra contra o réxime, tras derrotalo todos os cubanos revolucionarios pensaron que se ían celebrar eleccións libres pero debido á paranoia de Che Guevara e seus colegas ao final decidiron pasar do tema por si se infiltraban os imperialistas e organizaron a ditadura do militariado, tras iso Cuba perdeu a Estados Unidos de América como aliado e Fidel Castro pasou de nacionalista a comunista para así facerse amigo da URSS e ter un padriño contra seu veciño imperial.

Che Guevara estivo de ministro, cando comezou a meter man na industria azucareira e poñer atraballar a tódolos vagos éstos metéronlle unha moza nova que lle meteu á súa vez na cachola que había que liberar o resto do Terceiro Mundo e foi ao Congo, onde case consegue os diamantes custodiados por uns gorilas entrenados polos antigos exipcios, pero ante un ataque do imperialista Indiana Jones tivo que voltar a América, unha vez de volta decidiu ir a Bolivia a facer terrorismo, perdón, a liberala do seu ditador Darth Barrientos, pero debido a que non se trouxera os feixóns máxicos perdeu a guerra e foi crucificado na selva.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Che Guevara.

Outros artigos[editar]