Cilenos

De Desgalipedia
Uns Cilenos patrullando o Xiabre pra que non lle planten lume.

Os Cilenos eran uns galaicos da Galicia costeira, situados entre o Ulla e o Lérez comerciaron coa Atlántida e Irlanda pero ao seren conquistados por Xulio César perderon todo o prestixio e aínda por riba nin sequera o romano escribiu algo sobre eles, nin un Bello gallico nin ná. Neste territorio estaba o castro Berisamo cerca de Cícere (Cuntis).

Historia[editar]

Os Cilenos eran uns petroglifenses que tras varias guerras atlánticas por mor do comercio de minerais e a posterior crise debido ó asobreexplotamento de filóns de mineral superficial entraron nuna crise económica, polo que inventaron os castros pra mellor defender o pouco que lles quedaba (sobre todo dos Amaeos), tendo que voltar a vivir da agricultura e gandeíria, actividades sen ningún prestixio, aínda por riba os Caporos lle mexaban río arriba cando eles se bañaban e así encetaban outra guerra castrexa.

Durante o dominio do Imperio Romano puideron vender seus terreos con sobreprezo, creando unha burbulla inmobiliaria que estoupou séculos mais tarde, esta segunda gran crise afundiunos de todo, e aínda pro riba comezou a Idade Media e os piratas comezaron a facer das súas por estas costas.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cilenos.

Outros artigos[editar]