Cortegada

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cortegada (homónimos).
Cortegada
Escudo de Cortegada
Cortegadacitaperta.jpg
Cortegada invadida polo Imperio Gringo.
Situación
Situacion Cortegada.PNG
Xentilicio[1] cortesán.
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca do Ribeiro.
Poboación de centos de cabritos. hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección analóxica.
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cortecagada ou "Cortecagada de Baños" é un concello do Ribeiro, famoso polo seu non balneario. Antes tiña cuartel da Garda civil e moita burguesía, pero desde que puxeron o encoro de Frieira foise todo á merda debido a que viu a néboa e cubre esta localidá no inverno e claro veñen as meigas, trasnos e bruxas e papan a todos os seus habitantes (ou polo menos os seus cerebros) ata que no verán veñen os emigrantes de Vigo e Venezuela e a repoban indo á pisciona moñicipal facer orxías noctuirnas no balneario alí na auga quentiña como en Prexigueiro ou iso che gustaría lampantín!!

Historia[editar]

Cortegada foi fundada por manadas de labregos e gandeiros que fuxían do ánimo roubador da Facenda do Imperio Romano, conseguindo agocharse deles neste concello ata que se pasaron ó cristianismo e os misioneiros os convenceron de regalar ao mosteiro de Celanova as súas terras e igrexas, razón pola cal desde a Idade Media esto pertenceu a Celanova, ata que seus veciños puideron mercarlla gracia ós cartos que viñan da emigración e así ser libres.

Na Idade Moderna descubriuse as augas termais de Cortegada nun monte cercano, debido ós miragres das súas augas comezaron a vir turistas a eito xa que as augas facían que as xentes tiveran alucinacións sexuais, tanto que os veciños lles alugabana a propia casa e ían durmir/foder ao canastro. Grazas a isto aumentou o poder adquisitivo do lugar, e cando chegou o tren a Filgueira chegaron incluso de Gitaña, polo que aumentou o fluxo monetario e surxiu a burguesía neste cantil miñoto.

A principios do século XX as tartarugas mutantes obtiveron a licencia comunal para explotar as augas e construiron o vello balneario de Cortegada e de paso culturizaron aos cortegadianos levantándolles unha escola/casino (o actual edificio do concello) onde aprenderles educación cívica e xogar ao mus. En xullo de 1936 os fachas locais foron queimar a igrexa de Sanbenito e así ter a excusa para "por orde" como din sempre eles e logo deron un golpe de Estado a base de ir tirotear a estafeta de correos e facerse co control do único teléfono na vila e así illar ao goberno local lexítimo e impoñer ao Franco, logo esperaron que viñeran outros feixistas de Ourense e foron matar rojos polas aldeas veciñas.

A finais do século XX seu alcalde tivo a grande idea de meterse na comarca do Ribeiro (antes pertencía á de Celanueva) e así poder levarse algunha subvención polas viñas, mais como todo so quedaban os da vila ficou todo en nada mentres a industria dos madereiros agonizaba e o turismo balneario languidecía lonxe de aquí. O alcalde foise languidecendo tamén ata que seus veciños fartos de non ter un delfín que o suplantara chamaron a un policía pra por orde e resucitase o balneario, cousa que só se conseguiu a medias. O PSOE por fin puido entrar na alcaldía e o balneario seguiu a languidecer.

Xeografía[editar]

O nivel cultural desta poboación é che dos maiores da Jalísia.

Cortegada ocupa unha das partes do final do Miño centroso, no do Ribeiro entre os concellos de A Arnoia, Crecente, Pontedeva, Gomesende. o seu territorio está delimitado polos ríos Miño, Deva e Arnoia, que provocan grandes canóns onde se encolgan aldeas como Zaparín e Piñón, así como múltiples regatos radioactivos pola parte de Gomesende.

Os seus solos son pobres, debido á humidade e o moito monte que hai, e si plantan eucaliptos xa non che digo... pequenas estruturas graníticas álzanse nos outeiros (restos da Atlántida sen dúbida) que son usados para orxías neopaganas, excepto na zona de Refoxos, onde o chan é metamórfico e pódense atopar fósiles de Penedector e Fragasauro pero nada de petróleo (razón pola que emigran a Israel, que tampouco ten petróleo).

O río Miño pasa por aquí, pero debido á presenza de cocrodilos e piratañas non te podes bañar nel, onde si podes facelo é no río Deva, pero debido a que os de Valongo andan en constante guerra civil entre ambas faccións (os de arriba e os de abaixo) non se pode facer, a non ser que queiras morrer empalado ao pensar que eres un espía do bando contrario... bueno e si te pillan o da Colada descuartízante seguindo o exemplo de seu patrón San Martiño, que descuartizoua un pobre por tocarlle a súa capa de superpoderes.

Debido á súa posición estratéxica na fronteira provincial (Ourense-Pontevedra) internacional (Galicia-Galicia do Sur) interestatal (Gitaña-Portugal), Cortegada atópase habitada por valentes e bizarros netos dos celtas (en realidade eran Galaicos nosos antepasados...) que defenden con uñas e cus estas terras. dise que si te vas á camiñata que organiza o concello podes atopar polo medio do monte á pantasma do Rei Artur e a Venancio das pitas apatrullando estas terras...

Clima[editar]

Uns de Cortegada a punto de dar pé ao canto do grilo, ritual propiciatorio da fecundidade dos campos de trigo.

Debido a que lle pasa o Miño ao lado e está embalsado, aquí paira moito a néboa e por iso mantense un clima subtropical moi bó para o reúma e outras enfermidades mentais contaxiosa, como o chovinismo, arrogancia, e cosmopaletismo, que xa forman parte do volkgeist cortegao.

A isto hai que sumar que elite local se xunta toda na capital, Cortegacada, e van construirse todos o chalé onda Os Chaos, alí enriba da chouza do alcalde, que fai que aumente o cambio climático, e así se antes facía calor no verán e frío no inverno, agora vai morno no verán e frío e humidade no inverno, o que fan deste amable concello o lugar ideal para vivir.

Según as lendas locais, no fondo do río atópase o balneario de Cortegada, por iso nunca se puido reconstruir mais arriba, a pesar de habelo tentado infinitas veces, pero debido ó pecado orixinal dos cortegadenses nunca voltará a ser o que foi...

Economía[editar]

A famosa meiga do Rabiño, a Virgen Conchita.

Cortegada sempre viveu do que daba a terra (petróleo, cocaína, gas natural, diamantes) e mesmo dos enfermos que ían ó balneario mudando estas actividades pola das subvencións para reflotar o balneario, con facturas tan graciosas como a de pagar por unha tonelada de cravos nas obras do balneario vello.

A xuventude últimamente emigra cara Vigo, en vez de facelo cara Alemaña ou Suíza (como fixeron seus pais) e claro, isto fai que seu nivel cultural decaia moito e Cortegada xa non é o que era, se antes había discoteca e cine, agora só hai dous pubs (O pamasis e o Bus, onde se encocan todos). Debido a isto xa ninguén coida as viñas nin a horta (que total coa néboa toda que se pilla gracias ó encoro de Frieira pouco sol entra e por iso é un magnífico lugar para que veñan familias como os Cullen de Crepúsculo a viviren)).

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada
Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cortegada.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Ribeiro
Comarca do Ribeiro
Arnoia
Arnoia
Avión
Avión
Beade
Beade
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
Cenlle
Cenlle
Cortegada
Cortegada
Leiro
Leiro
Melón
Melón
Ribadavia
Ribadavia
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo