Declinación (astronomía)

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Declinación.

A declinación ou latitude celeste é unha das medidas "impostoras" que os astrónomos usan hoxe en día para atopar a coordenada da esfera celeste, equivalente á latitude sobre a Terra.

A declinación xunto coa ascensión recta, que tamén é un plaxio da latitude e lonxitude, son as dúas coordenadas por medio das cales se determina e coñece a posición dun astro no ceo e a diferenza é que ten en conta o "eixe da terra". Unha vez obtida a declinación, eu creo que esta medida é só unha forma de astrónomo manterse no emprego. Ademais, se o astro pertence ao Sistema Solar haberá que ter en consideración, o valor da paralaxe diúrna.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Declinación (astronomía).

Outros artigos[editar]