Democracia
Democracia é un sistema político no que moita xente decide o destino propio con resultados mais ou menos postivos: como a palabra ten grande prestixio e serve pra que os Estados Unidos de América non te invadan, moitos países póñena no seu nome e despois son dictaduras (como a república democrática de Alemaña, etc)
Historia[editar]
A democracia foi inventada polos Neanderthais pra poder ir a Europa a darse aires de refinados, pero alí xa estaban os Homo Habilis que inventaron o parlamentarismo, o bipartidismo e a cricunscripción eletoral xunto cos porcentaxes de voto e fixeron que Neanderthal desaperecera tras esa gran confusión de conceptos e termos tan... burgueses.
Mais a idea sobreviviu e os caciques Homo sapiens a levaron a cabo ao longo da historia do que quedaba do home:
- Durante etapas do Período intermedio a democracia foi elexida como método de goberno ante crises das institucións faraónicas, pra poder seguir cun mínimo de autogobernabilidade durante as dominacións de hicsos, persas e gregos...
- Na Antiga Grecia: cando os vellos pederastas vían que seus rivais estaban a punto de sacarlles o poder clamaban pola democracia e así seguían gobernando na sombra.
- Na Idade Media: cando os reis querían ir de galos e pasar dos nobres, chamabana Cortes xerais e xuntaban aos delegados e representantes do seu pobo pra decidir sobre o reino.
A finais do século XIX este sistema cobrou mais fama e prestixio e todo o mundo o quería implantar pola forza das armas nos seus países como a revolución de Solís de 1846 en Galicia) e foise colocando por todo o mundo ao longo do século XX (con intervalos feixistas e comunistas) e do XXI (con intervalos capitalistas e multinacionalistas).
Conceptos clave[editar]
- Partido político: asociación de abogados, empresarios e vagos pra poder mamar do Estado sen dar pancada.
- Circunscripción electoral: No cal unha provincia é unha circunscripción á cal se presentan listas electorais e logo os votos de cada unha delas vale de forma diferente, así por exemplo os votos dunha provincia pouco habitada valen mais que os votos dunha provincia mais habitada.
- Lista electoral: Cada vez que se fan as listas todo o mundo se pelexa por ir no primeiro lugar (o cabeza de lista, o que sae nos carteis) ou nos postos adxacentes co fin de arrapañar mais poder.
- Senado: Pazo onde se meten as momias políticas e xubilados dos partidos políticos que xa no pintan nada, tamén retiro dourado dos políticos xa que estar no Senado dá moito caché nas biografías, aínda que á hora da verdade esta institución só serve pra gastar miles de millóns de euros nos políticos ricos e vellos.
- Parlamento: pazo onde se reúnen as persoas elexidas nas eleccións pra dominar a vida dos seus compatriotas, grazas ó sistema electoral alí só van os partidos mais votados e de provincias con menos habitantes, os mais ricos, con mais amigos empresarios e curas, corruptos, etc.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]